UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
martes, 25 de mayo de 2021
RETOS E OUTRAS COUSAS
Hoxe quería compartir os últimos retos propostos na aula. A semana pasada xurdiu o tema da colaboración que establecen os peixes pallaso coas anémonas. Os nenos/as querían saber como se axudaban uns aos outros, así que era o momento propicio para propoñer unha investigación. Ao día seguinte só un pementeiro, Erik Vázquez, chegou coa resposta. Parabéns Erik, por recordar o reto e ter ganas de investigar!
Erik contounos que o peixe pallaso é inmune ao veneno da anémona que se alimenta de peixes precisamente. O peixe limpa de parásitos á anémona, e ela déixalle restos de comida e protéxeo dos seus depredadores.
O outro reto tiña que ver cunha ave ben fermosa que aparece nun bonito libro de poemas que estamos a ler (o Abezoo). Trátase do QUETZAL. Como ninguén coñecía este paxaro, non quedaba máis remedio que investigar sobre el. Hoxe Pablo Canabal e Erik Pérez trouxeron un pouco de información. Pablo Canabal contounos que é un ave que vive principalmente en Centroamérica pero tamén nalgúns lugares concretos de Sudamérica. Erik completou a información e díxonos que é da familia dos trogones (aínda que o nome correcto non o tiña moi claro porque o mesturaba con dragones lóxicamente polo parecido), non voa moi rápido e algunhas aguias ou bufos poden comelos.
¡Parabéns a Pablo e Erik por recordar o reto e por ter ganas de investigar!
Despois lemos unha lenda moi interesante sobre o quetzal aínda que hoxe os ánimos estaban un pouco revoltos na aula e non estou moi segura de si os pementeiros/as escoitaron algo do que lles contei, Non sei si foi o cambio de ruta do autobús (xa entraron pola mañán faladores, inquedos e cheos de enerxía dicindo que viñeran por outro camiño, e noutro bus distinto) pero o caso é que non houbo maneira de que me escoitaran hoxe. Pero bueno, pensemos que sempre queda algo. Aquí vos deixo un vídeo curtiño sobre esta ave de cores tan espectaculares.
Por outra banda, como hoxe é o Día de África, tiña a intención de disfrutar un pouquiño tocando algúns instrumentos africanos que levei para o cole (e que sempre teñen éxito entre os peques; xa o curso pasado tivemos ocasión de disfrutalos) pero tampouco tiveron hoxe ganas de tocar así que a actuación quedou para outra ocasión na que se sintan máis inspirados.
O que si disfrutamos, eu a primeira realmente, foi un conto narrado por Flavio, da Guarida Secreta, e a súa mamá. Flavio fixo este "contacontos" na casa e trouxo o vídeo para ver no cole cos seus compañeiros/as. Pero tamén tiña ganas de que o visen os nenos e nenas da Pementeira que, aínda que neste curso non compartiron aula, seguen a ser os seus compañeiros/as como debe ser por suposto. Así que apareceu pola nosa aula co seu pen-drive para presentarnos o seu vídeo. Estivémolo vendo e adicámoslle un gran aplauso ao remate porque realmente Flavio e a súa familia fixeron un traballo espectacular!!! Parabéns por esa creación!!! Nós xa coñecíamos a historia porque temos o libro na aula. Xa o léramos o curso pasado e volvémolo ler neste porque realmente é moi divertido, pero a montaxe e narración de Flavio deixounos impresionados.
Outra cousa moi chula que nos chegou estes días foi un traballiño que fixo Sara, un pequeno herbario de plantas medicinais. Mirade que bonito! Parabéns Sara polo traballo e grazas por compartilo con todos nós!
O venres estivemos traballando as restas. Primeiro quixen que se organizaran para traballar por equipos, colaborar e resolver restas entre todos os membros de cada grupo. Pero a cousa non resultou demasiado ben. Temos que seguir insistindo en habilidades como a cooperación e olvidarnos un pouco de competir, gañar e mandar, Finalmente fixemos o traballo en gran grupo, marcando eu as pautas de realización de cada operación,empregando o ábaco e escribindo as operacións na pizarra cos signos correspondentes. Entón xa todo foi rodado porque evidentemente todos saben restar así que a tarefa rematouse con éxito.
Onte estivemos buscando pistas no noso libro "A sinfonía dos animais". En cada páxina hai letras escondidas coas que podemos escribir o nome dun instrumento musical. De novo intentamos traballar en equipo, buscar as letras perdidas entre todos marcando turnos nos equipos, pero de novo houbo algúns problemas porque costa asumir que todos/as temos o noso turno para participar e que non estamos competindo, que se trata de colaborar.
Para formar as palabras (instrumentos musicais) houbo algunhas dificultades, así que despois na aula estivemos traballando na pizarra para ir vendo cal podía ser cada un deses instrumentos,colocando as letras en orden. Por exemplo descubrimos a FLAUTA e o TIMBAL que algúns nenos non coñecían.
A ver si podemos seguir recollendo pistas e descubrindo novos instrumentos musicais.
Mañán é un novo día e imos tratar de seguir facendo cousiñas no cole. ¡Trataremos de disfrutar e aprender ao mesmo tempo!
Cuánta activad... Felicidades a Sara por su trabajo y a Flavio por el cuento,ya lo felicitamos por la calle, está genial. Ayer me dijo Pablo que estuvo con los instrumentos africanos y que le falta por tocar uno,le gustaron mucho. Buen fin de semana
Siiii, nos lo pasamos muy bien... o eso creo. Lo que pasa es que no pude poner las fotos y los vídeos porque me daba error Blogger y no me dejaba subir fotos. Estoy ahora volviendo a intentarlo para que podáis verlo todos. Ellos me dijeron que se lo habían pasado bien, me alegra que lo haya contado porque eso quiere decir que lo disfrutó. Genial!
Cuánta activad...
ResponderEliminarFelicidades a Sara por su trabajo y a Flavio por el cuento,ya lo felicitamos por la calle, está genial.
Ayer me dijo Pablo que estuvo con los instrumentos africanos y que le falta por tocar uno,le gustaron mucho.
Buen fin de semana
Siiii, nos lo pasamos muy bien... o eso creo. Lo que pasa es que no pude poner las fotos y los vídeos porque me daba error Blogger y no me dejaba subir fotos. Estoy ahora volviendo a intentarlo para que podáis verlo todos. Ellos me dijeron que se lo habían pasado bien, me alegra que lo haya contado porque eso quiere decir que lo disfrutó. Genial!
Eliminar