Hoxe celebramos o aniversario de Leo que estaba todo emocionado por ter xa 6 anos e por compartir esta celebración cos compañeiros. Repetimos as nosas rutinas dos cumpleanos apagando a candea, escoitando o cumpleanos feliz, escoitando as cousas bonitas que nos din os compañeiros no Círculo dos Eloxios. Eso sí hoxe non comemos as galletas en parte porque preferín deixar a caixa en cuarentena como facemos normalmente e, en parte, porque fixemos a celebración un pouco trade e xa nos viña encima a hora de comer. Pero mañán sin falta repartimos as galletas de Leo. Grazas por traelas!
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 26 de abril de 2021
O CUMPLE DE LEO
No Círculo dos Eloxios, como fago sempre, rompí eu o xeo decíndolle a Leo o que me gusta de el:
-Gústame moito cando chegas pola mañán ao cole e xa me saúdas desde a porta, contento e cheo de enerxía. Gústame como te entusiasmas cando aprendes algo novo, como contas cousas relacionadas co tema que estamos a falar, como disfrutas mostrando o que sabes, sei que hai moitas cousas que che interesan, como os animais e tamén cousas da historia de outros países, e iso é xenial. Felicítoche por ter ganas de aprender e por querer particpar sempre nas tarefas que facemos.
Despois os compañeiros/as dixéronlle cousas como:
-Gústame como corres.
-Gústame como te comportas cando te comportas ben.
- Gústame como xogas cos teus mellores amigos.
-Gústame escoitar as preguntas que fas.
- Gústame como te emocionas.
-Gústame como fas as fichas.
Estou tratando de que os nenos e nenas se paren uns minutos a pensar no compañeiro que está no centro do círculo, que saian de sí mesmos para pensar nos outros e reflexionar sobre o que realmente aprecian deles. Ultimamente o Círculo dos Eloxios estaba sendo un pouco repetitivo, os pementeiros/as xa non pensaban nin o que dicían, simplemente repetían as mesmas frases (por exemplo "gústame como nadas" e cando eu lle digo si viron nadar a ese neno/a dicíanme que non). Así que pode ser un exercicio interesante para facer tamén nas familias, pensar nas cousas que nos gustan dos demais e verbalizalas. Non é sinxelo para os nenos/as pequenos/as pero pouco a pouco irán aprendendo a descubrir o que aprecian dos demais. A verdade é que un exercicio que nos ven ben a todos, tamén aos adultos, é importante cada día reflexionar sobre as cousas que nos gustan dos nosos compañeiros/as, amigos/as ou familiares. Seguro que hai moitas e seguro que as decimos pouco, verdade?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
25N
O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...
parabéns Leo!!!! é estupendo que as galletas quedaran para hoxe que así ides alargando a celebración!!
ResponderEliminaro círculo dos eloxios gústame por moitas cousas pero unha delas é o que dis.. temos mais tendencia a ver ou dicir o que non nos gusta dos demais que o que sí nos gusta. Polo que se fai difícil verbalizar o que nos gusta de alguén e moito máis transmitirllo.
un saudo e a seguir celebrando!!
É certo, eu moitas veces coméntoo nas titorías, que sempre empezamos a falar e ímonos deixando levar polo "negativo", polo que consideramos que pode ser un certo "problema" para as prendizaxes e certamente temos que tratar todos de cambiar un pouco iso, está ben ser realistas claro que sí e reflexionar sobre o que é mellorable pero tamén temos a obriga de facer fincapé nas cousas boas e positivas, no que nos gusta dos demáis, no que nos aporta algo enriquecedor. Así que eu debo ser tamén a que o faga con eles para que vexan que aprecio moitas das súas capacidades e habilidades. Espero que se den conta de que o que digo é porque así o sinto.🤞
EliminarFelicidades Leo!!! Sigue así de entusiasta! A mín gústame cando no parque me contas cousas sobre os leóns, tigres e leopardos.😘
ResponderEliminarFelicidades Leo!!! Sigue así de entusiasta! A mín gústame cando no parque me contas cousas sobre os leóns, tigres e leopardos.😘
ResponderEliminarMuchas felicidades Leo🎂
ResponderEliminarA mí me gustan tus saludos tan efusivos cuando nos vemos por la calle.👏👏