Nesta primeira semana despois da Pascua, retomamos as actividades do cole con moitas ganas, coa enerxía de sempre, e con novas ideas para investigar e aprender como a nós nos gusta. Retomamos os picnics, as sesións de ioga no exterior, a pintura con acuarelas, o traballo sobre os ríos e moitas cousas máis.
Aprendemos que o Río Miño é o máis longo de Galicia e a continuación debuxámolo e pintámolo con acuarela. Observamos unha imaxe moi coñecida do río Miño para inspirarnos.
con sol todo sae mellor!!! e poder estar o aire libre!!! son uns artistas, é xenial ver os diferentes debuxos, como uns representan de forma máis fiel outros prefiren trasladalo Miño o seu imaxinario..
ResponderEliminare pintar con tizas no chan é definitivamente moi divertido!!!
a por outra semana tan boa coma esta