Estamos de volta. Hoxe tivemos un día estupendo porque chegamos contentos/as ao cole, con ganas de vernos e de facer moitas cousas xuntos. Tivemos tempo de falar, de escoitar cancións, de ler contos, de traballar un pouquiño, de xogar e correr fóra, de visitar a horta e regar as plantas e máis cousas. Así dá gusto volver das vacacións!
No momento de regar tivemos certas dificultades porque nas regadeiras había uns inquilinos taponando os orificios de saída da auga, uns caracois, e tivemos que botarlle un pouco de paciencia porque a auga saía pouquiño a pouco. Non queríamos facerlles dano e deixámolos na súa vivenda provisional.
Despois do traballo agrícola, tocaba exercitar os nosos músculos e correr un pouco para queimar enerxía e volver á aula máis relaxados.
E entre xogo e xogo e outras cousas, tamén aproveitamos para ler un pouquiño e ir demostrando os avances que estamos a facer.
E tamén tivemos outra noticia, David emocionado contounos que lle caeu un dente e mostrounos todas as probas.
👏👏👏
ResponderEliminar