viernes, 16 de abril de 2021

COCAS DE CARBALLO E DÍA MUNDIAL DA ARTE

          O mércores estivemos aprendendo algunhas cousiñas sobre as cocas dos carballos. Curiosamente só un neno da aula as coñecía, sabía o seu nome e o da árbore no que medran. Algún outro dixo que as vira preto da súa casa pero a maioría dixeron que non as viran nunca. É certo que cada vez camiñamos menos polos nosos bosques e, tamén, cada vez observamos menos o noso entorno natural. Cóstanos identificar as distintas árbores, paxaros, insectos, plantas e estamos moito máis pendentes doutras cousas. Moitas veces simplemente non nos facemos preguntas sobre o que vemos ao noso arredor e iso fai que non investiguemos, que non descubramos  un montón de cuestións ben interesantes que a nai natureza nos transmite día a día. Unha das cousas boas desta pandemia, paréceme a min, é que nos levou a moitos de nós a fuxir cada vez máis das cidades e  pasar máis tempo no campo, nos bosques, nas beiras do río e do mar.



    Cando lles preguntei aos nenos/as sobre qué pensaban eles que podían ser as cocas, sairon cousas curiosas. Algúns responderon que eran bolas de madeira, uvas, cocos pequeniños, castañas, flores secas, ou narices de pallaso. Outros buscaron explicacións un pouco máis complexas, por exemplo que eran ovos de bolboreta, pequenas colmeas ou pequenos depósitos que se enchen de auga cando chove (polo buratiño que teñen) e despois van refrescando as pólas do carballo cando fai moita calor.

   Finalmente expliqueilles que as cocas se producen cando un insecto pica os gromos das árbores , entón como resposta a ese "ataque" o carballo produce esa protuberancia envolvendo ao insecto e resulta que así o insecto queda protexido do aire e o frío, medra alí dentro e pode saír por un buratiño. A árbore pola súa parte non corre perigo e ambos saen beneficiados.

   Despois de observar as cocas, tocalas e ata ulilas os nenos e nenas fixeron debuxos sobre elas.




















   Tamén tivemos tempo de xogar no areeiro, que é unha das cousas que máis disfrutan os nenos de infantil e de disfrutar da lectura.

























    E antes de marchar para a casa, propuxen un novo reto para o xoves: averiguar qué home importante, que todos coñecemos polo seu traballo (e do que temos algo moi representativo ben visible na nosa aula, algo que todos recoñecen nada máis velo), que xa non vive pero que aínda hoxe todo o mundo admira, está de aniversario o 15 de abril.
   E e o xoves nada máis entrar pola porta, sete nenos/as contaron cheos de emoción que  ese home tan famoso que está de cumple é LEONARDO DA VINCI. Así que felicito a Saúl, Sara, Julia, Pablo Canabal, Valentina, Leo e Manuel por acordarse do reto, por animarse a investigar e, sobre todo, por estar tan alegres  traendo as respostas ao cole. Encántame velos chegar así pola mañán!
   Pois ben, precisamente por ser o aniversario do xenial home do Renacemento, o polifacético Leonardo da Vinci, o día 15de abril conmemórase o DÍA MUNDIAL DA ARTE. E na Pementeira non podemos deixar pasar así sin máis, este día tan especial. Por iso tanto o xoves como o venres falamos de arte, contemplamos arte e producimos arte. Mirade, mirade...






































   E como o tempo está sendo tan agradable, aproveitamos parafacer máis cousas ao aire libre e supoño que non teño que aclarar que todos os nenos e nenas están encantados de pasar máis tempo fóra.



















               LO MIRES COMO LO MIRES, VIVA EL ...


5 comentarios:

  1. Guauu!! Una semana de lo más completa.
    Me encanta ver los dibujos de los pementeir@s.Cada uno lo interpreta a su manera,los detalles,colores... me encanta.
    Me alegro de que pasaseis una semana tan buena.
    Ahora a disfrutar del fin de semana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hay muchas, muchas cosas con las que disfrutamos en el cole, y también es cierto que el buen tiempo nos ayuda porque podemos salir, respirar un poco y tener más espacio con lo cual los "conflictos" disminuyen. El solete siempre nos hace sentir mejor. Pero aunque llueva, vamos a poner de nuestra parte para seguir disfrutando con muchas actividades.

      Eliminar
  2. la lectura y los juegos al sol, qué maravilla, qué bien poder disfrutarlos; pero, dentro, también se aprende y se disfruta un montón, como con los bits de inteligencia, por ejemplo, o el poder estar rodeados de láminas de arte tan inspiradoras...

    este fin de semana Valentina me dijo varias cosas, al hilo de las conversaciones que teníamos, que me encanta escucharle y que son de las que ya no se olvidan (por ejemplo, el origen de la palabra salario)

    un saludo y a por otra semana estupenda!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues me alegra mucho que cuenten cosas y demuestren que aprenden mucho, que tienen buena memoria, que utilizan nuevas palabras, que van desarrollando sus gustos artísticos (cada uno eligió su obra de arte favorita, aunque claro, a veces coincidían con otros compañeros). Y me encanta que habléis con ellos de cosas que estamos viendo en el cole porque así ellos se sienten muy valorados y cada día más motivados para aprender. Así que gracías por esa implicación familiar!!!👏👏👏

      Eliminar
  3. Que bien,disfrutar de los rayos del sol para tener buenos momentos como leer,jugar...se les ve encantados🤩

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...