jueves, 22 de abril de 2021

PERSONALIDADES UBUNTU: ABRAHAM LINCOLN

    ¡Qué alegría! Hoxe un investigador pementeiro, David,  animouse a presentarnos a unha nova personalidade Ubuntu: Abraham Lincoln.

David explicoulle aos seus compañeiros/as todo o que sabía sobre o coñecidísimo presidente dos Estados Unidos e despois, como é habitual, fixemos unha ficha recollendo algúns datos sobre esta interesante personalidade que loitou pola igualdade dos dereitos civís e a abolición da escravitude.























   E como onte contamos unha historia moi fermosa sobre Matisse (por iso xurdiu  a adiviña da entrada de onte) e aprendemos o que é un collage, decidimos experimentar un pouco con esa ténica plástica e aproveitamos para practicar o traballo en equipo.
   Cada equipo tiña que elaborar o seu propio collage. Primeiro cada neno/a debuxaba as formas que posteriormente recortaba e unha vez que tiñan os pedazos de papel xa listos, entre todos tiñan que decidir como os querían colocar, como querían organizar a composición final. En xeral costoulles un poco entender que non se traba de facer un debuxo no papel, senón simplemente de delinear unhas formas para poder recortalas e despois combinalas entre elas. Finalmente tiñan que decidir un título para a súa obra.












   O equipo das abellas rematou o seu collage e titulouno: "Choiva de meteoritos nunha casa grande"




O equipo dos lobos rematou o seu collage e titulouno: "A natureza"



E oequipo das formigas rematou o seu collage e titulouno: "A noite"



  E como ultimamente a Pementeira está bastante artística, ata se aproveita a hora do recreo para pintar con xiz. ¡Encántame ver aos peques debuxando, creando, decidindo xuntos que facer, xogando coas súas creacións! ¡Mirade que obras de arte!




















"El barco de Ulises"


2 comentarios:

  1. enhorabuena a David por esta investigación tan interesante! (Valentina estaba muy orgullosa porque todos los del equipo de las abejas habían presentado a un personaje Ubuntu)

    me encantan los títulos de los collages..especialmente esa "lluvia de meteoritos en una casa grande" jajajaja

    qué buena pinta el libro de Matisse y qué opción tan estupenda la de pintar en los recreos

    buen fin de semana!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Fue interesante ver como trabajaban en equipo, intentando colocar los diferentes recortes, decidiendo donde colocarlos, hablando de los títulos... Me gustó verlos porque debatían sin enfadarse ni discutir. Un éxito!

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...