domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

  O venres conmemoramos o Día do Libro disfrutando dos contos, das lecturas, dos libros como era o lóxico. Moitos nenos e nenas estaban felices porque, como eles/as me contaron, ían comprar un libro ao saír do cole. ¡Que mellor maneira de celebrar este día que mercando un bo libro! e ¡Qué marabilla ver esa ilusión nas caras dos nenos/as por mercar un libro! Iso é estupendo.

   E nós empezamos a xornada lendo unha historia mitolóxica, a de Teseo e o Minotauro porque levábamos varios días nas que as conversas ían por eses derroteiros e todos parecían moi interesados neses relatos tan fantásticos (de feito foi un deses días nos que aplaudiron ao rematar a lectura).

  E como xa máis ou menos faláramos da historia do laberinto, do seu arquitecto Dédalo e o seu fillo Ícaro, pois resulta que non quedaba outra opción que falar de arte, porque obviamente esa historia de Ícaro está moi presente nas obras plásticas de moitísimos artistas. Como tamén faláramos de Matisse cando traballamos o collage, aproveitei para mostrarlles como representou este artista a Ícaro.
  Entón Seira tamén nos contou que na súa casa tiñan unha escultura, realizada polo seu pai, que representaba a un home-paxaro e mandáronme as fotos. Os pementeiros/as quedaron impresionados. Gustoulles moito e xa quedamos que en canto teñamos un momento para xogar e modelar con plastilina, van intentar facer o seu propio Ícaro.




    E despois, como actividade do Día do libro, cada neno/a escolleu o seu libro favorito para recomendarllo a algún amigo, a outros nenos ou a calqueira persoa que queira pasar un bo rato, escribiron o título, buscaron unha ilustración que lles gustara dese libro e debuxárona. Mirade que libros foron escollendo e que ilustracións recrearon no seu papel. E, por suposto, tamén tivemos tempo para disfrutar lendo porque o Día do Libro é para iso, sen dúbida, para ler e viaxar a través das páxinas dun interesante libro.
















































2 comentarios:

  1. hola! qué bien festejado el día del libro!!
    Valentina no sé si participaría mucho pero la historia de Teseo la conoce bien porque la leímos muchas veces de una colección que había salido de Mitología para niños.
    Nosotras lo festejamos comprando un libro y yendo al teatro y había más pementeiros! así que pasamos una tarde estupenda.

    Feliz semana!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Dos cosas geniales: lectura y teatro! Que suerte! Valentina también hizo su recomendación del día del libro pero al tener que irse al dentista no le dio tiempo a acabar, pero fue por eso. Recuerdo esa colección porque había coincidido con el proyecto de mitología y, la verdad, yo con todos los grupos con los que trabajé algo relacionado con Grecia, con Egipto, con África y vimos relatos mitológicos, tengo que decir que siempre triunfan. De hecho mi Troya se llamaba así, porque llegó cuando yo estaba leyéndoles la Odisea a los niños de A Pementeira y estaban tan entusiasmados con la guerra de Troya, el caballo, Ulises, las sirenas que le pusimos ese nombre a nuestra canhija,😂😍

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...