domingo, 11 de abril de 2021

MOITA ACTIVIDADE! IOGA, RÍOS, PLANTAS MEDICINAIS, ACUARELAS... ¡NON PARAMOS UN MINUTO!

 Nesta primeira semana despois da Pascua, retomamos as actividades do cole con moitas ganas, coa enerxía de sempre, e con novas ideas para investigar e aprender como a nós nos gusta. Retomamos os picnics, as sesións de ioga no exterior, a pintura con acuarelas, o traballo sobre os ríos e moitas cousas máis.

                                

                                

                                    









                                      

                                     













   Aprendemos que o Río Miño é o máis longo de Galicia e a continuación debuxámolo e pintámolo con acuarela. Observamos unha imaxe moi coñecida do río Miño para inspirarnos.




























Dentro do Proxecto Ubuntu, estamos vendo que as plantas tamén fan cousas boas por nós. Igual que moitas personalidades Ubuntu fixeron cousas polos demais e trataron de facer deste mundo un lugar mellor e máis xusto, así tamén podemos dicir que hai plantas Ubuntu que nos axudan, por exemplo, a estar sans e sentirnos mellor.

















1 comentario:

  1. con sol todo sae mellor!!! e poder estar o aire libre!!! son uns artistas, é xenial ver os diferentes debuxos, como uns representan de forma máis fiel outros prefiren trasladalo Miño o seu imaxinario..

    e pintar con tizas no chan é definitivamente moi divertido!!!

    a por outra semana tan boa coma esta

    ResponderEliminar

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROCK´N´ROLL CON PAKOLAS E PALABRAS FERMOSAS

          ¡Viva o roc´n´roll! Cómo nos gusta a música! Onte, mércores 15 de maio, visitamos a Fundación Camilo Xosé Cela para disfrutar dun ...