lunes, 8 de marzo de 2021

8M E MÁIS COUSIÑAS

    Hoxe adicamos a xornada a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Na asamblea estivemos falando sobre mulleres, aínda que teño que dicir que me costou traballo centrar a atención do grupo. Ningún neno/a da aula fi quen de dicirme o nome dunha muller importante que eles coñeceran da que escoitaran falar, da que algunha vez lle contaran algo na casa ou escoitara algunha información na televisón por exemplo. A parte boa é que sí recordaban a todas as mulleres sobre as que investigamos e traballamos no Proxecto Ubuntu, co cal levei unha alegría comprobando que o proxecto está servindo para coñecer importantes personalidades que fixeron diversas aportacións á humanidade.

    Unicamente conseguín un pouquiño de atención cando botei man dun recurso fácil para lograr que me escoitaran uns segundos: Harry Potter. Entón houbo comentarios entusiastas sobre o que mola Harry Potter, aspelículas que viron e as aventuras deste famosísimo neno. Y entón soltei a bomba: as historias de Harry Potter foron creadas e escritas por unha muller, J.K. Rowling. E non sei si foi unha percepción errónea pero vin caras de sorpresa.

     Hoxe, pois falamos de moitas mulleres, non coa pretensión de que recorden nomes e nomes, senón coa intención de que comprendan que as mulleres están presentes en todas as facetas da vida, realizan calqueira tipo de traballo e son quen de perseguir e acadar os seus propios soños.


    Partindo da base de que son nenos e nenas de 5 anos, e hai cousas difíciles de comprender para eles/as, quería promover unha reflexión nas familias. ¿Somos realmente conscientes do que transmitimos nas casas, nas familias, na sociedade en xeral sobre o que significa ser home ou muller e o que esperamos de cada un deles? Insisto, quizá deberíamos reflexionar sobre esto e probablemente teñamos que modificar algúns estereotipos que transmitimos, seguramente de xeito inconsciente.

    Por exemplo, fai uns días, na aula, estaban os nenos/as xogando coa plastilina. Nun equipo fixeron unhas figuras  e "representaban" a Creación de Adán de Miguel Ángel. Como sabedes, co emprego dos bits de intelixencia achegámonos a moitas obras de arte de todos os tempos. No teito da aula temos unha reprodución da Creación de Adán e un día expliqueilles o que contaba esa pintura, e ese simbolismo da man de Deus infundindo vida a Adán feito do barro inerte. Obviamente, parece que a historia lles chamou a atención porque alí estaban eles xogando a ser deuses creando adanes. Total que un neno dixo co seu dedo extendido: "Son Deus e infúndoche vida". E a continuación unha nena do equipo, co seu dedo tamén extendido cara a súa figura de plastilina,  dixo: "Eu son a moza de Deus e infúndoche vida"

   Cando a escoitei, sentín que tiña que intervir na conversa e con toda a tranquilidade do mundo, porque era necesario que a nena non se sentira incómoda nesa situación, que non pensara que fixera algo malo ou equivocado, díxenlle: "Mira,vouche facer unha suxerencia, tí podes xogar como queiras, vale?, son as túas figuras e a túa historia, pero eu quería decirche que aínda que sexas unha nena e na pintura de Miguel Ángel, Deus sexa un home, tí non tes porque ser a súa moza, tí si queres podes ser a Deusa que tamén lle dá a vida a Adán". Entón a nena con toda a naturalidade do mundo dixo. "Aaaahhh, valeee!" e seguiu xogando: "Eu son a Deusa e infúndoche vida".

     Desde o meu punto de vista, non hai que destruir imaxes, non hai que esconder a Historia, pero sí podemos axudar a nenos e nenas desde moi pequenos a reflexionar sobre moitas cousas, a mirar o pasado con ollos críticos, a ter unha mente máis aberta. Eu intento facer esto cada día do ano, e creédeme que non é sinxelo porque aínda que, por suposto, as cousas cambiaron e avanzaron moito, moito, aínda resulta moi difícil romper certos estereotipos e lograr que nenos e nenas asuman que todos podemos facer as mesmas cousas, xogar cos mesmos xoguetes, ou acadaros mesmos obxectivos. Aí está o verdadeiro reto do Día da Muller: reflexionar cada día do ano sobre o que decimos e facemos e sobre os modelos que lles presentamos aos máis pequenos.

    Despois desta introdución tan longa, aquí van algunhas fotos do traballo de hoxe (que non rematamos) e de días anteriores tamén.

























































 
  E aquí está o noso mural do 8M con mulleres tan significativas como Rosa Parks, Miriam Makeba, Valentina Tereshkova, Amelia Earhart, Marie Curie, Edurne Pasabán, Malala, J.K. Rowling, Clara Schumann ou María Callas.





E mañán continuamos!

6 comentarios:

  1. Qué ben atopar unha entrada nova e tan interesante! E qué difícil educar co exemplo!
    É unha coincidencia que onte Julia e eu falásemos de J.K. Rowling a raíz de que acaba de descubrir a Harry Potter e fai dous anos visitamos en Porto a librería Lelo onde Rowling se inspirou para a súa historia. Nese momento non lle chamou a atención de que fose unha escritora, ademais sempre teñen o referente de Rosalía De Castro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué fermosa esa librería, verdade? Cómo me gustan as familias viaxeiras que lles mostran aos peques lugares tan fascinantes!!!! Hoxe non estaban moi inspirados e nin a Rosalía me nombraron. Eu recurrín a Harry Potter porque certamente é un personaxe mundialmente coñecido, nenos e nenas disfrutan coa maxia e fantasía que impregna toda a narración e ten tamén unha figura femenina intelixente que é Hermione. Non se trata de facer competencia, pero está ben pararse a pensar por exemplo cantos deportistas homes coñecen, e cantas mulleres...O que plantexo é que reflexionemos sobre a imaxe que transmitimos das mulleres (nos medios de comunicación é bastante evidente), que lles pedimos ás nenas e aos nenos que fagan, cousas dese tipo que moitas veces facemos sin pensar, casi por inercia... En fin, unha proposta de reflexión...😉

      Eliminar
  2. é moi necesaria esa inflexión porque, por algunha razón, os nenos e nenas, seguen a repetir os estereotipos "típicos" eu o vexo en Valentina que, a verdade, nos sorprende moitísimo pero son incribles os comentarios e discusións que ten Daniela no instituto cos compañeiros. O que da a idea que tristemente parece que atrasamos en vez de adiantar, nun momento en que mais que nunca nos medios de comunicación, nos libros, saliéntase a figura da muller en tódolos campos e, sen embargo, parece que non somos capaces de transmitilo axeitadamente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. sí, é curioso ver que os adolescentes reproducen certas conductas que parecen máis propias doutras épocas. Pois iso ten que facer que pensemos no que estamos transmitindo no día a día. Non é nada fácil atopar as causas desas situacións de desigualade, pero aí está e deberíamos lograr que nenos e nenas medraran xa máis libres de prexuizos de xénero. Así que todos temos que traballar nestas cuestións, eu intento facelo, penso que nas aulas debemos facelo así que sexamos optimistas e pensemos que estmaos mellorando moito.😉

      Eliminar
  3. Hola, certo que non estaban inspirados porque mira que non fixeron traballos sobre mulleres importantes. Onte dixenlle a Aroa que era o día da muller e quedou como extrañada, penso que Aroa e Moisés non son conscientes por agora da problemática que foi e segue sendo ser muller nesta sociedade "machista". Na casa decimoslle os dous que participen nas tarefas, que ordenen as suas zonas de xogos e demáis, creemos que non estamos facendo diferencias. A elección de harry Potter foi un éxito. A moisés encantalle, veu todas as películas, e mais quere ir a unha escola de maxia. Tete, fai tempo comentoume que creía que non coñecias a harry Potter porque nunca falabas del, eu dixenlle que si que o coñecias pero que se daba en nenos mais maiores. 😀. Bueno a seguir traballando e aprendendo cousas, que nos encanta velos así.

    ResponderEliminar
  4. Claro, é normal que non sexan conscientes da problemática que existe coas conductas machistas e tampouco é a miña pretensión centrarme nesas situacións tan complexas nin falar de violencia. Pero aínda que vos pareza que non, os nenos/as xa teñen moitos prexuizos a estas idades cando din por exemplo: as nenas non saben xogar ao fútbol, ou Fulanita corre menos porque é unha nena, ou cando ven imaxes de sanitarios e din da figura masculina "é un médico" e da figura femenina "é unha enfermeira"... Por suposto creo que cada vez nas familias se reparten tarefas dun xeito máis equitativo sin ter en conta si é un neno ou unha nena quen as ten que facer pero cando os nenos/as xogan pensando que ninguén os observa din moitas cousas que vos sorprenderían. Ao final eles reproducen o que a sociedade lles mostra e casi todo o que ven e escoitan mostra unha imaxe masculina de "poder" e unha imaxe femenina relacionada coa beleza física por exemplo. Non é fácil escapar do que nos "marca" a sociedade (publicidade, lecturas, mundo laboral etc.) A estas idades non se trata e profundizar nestas cuestións pero sí podemos mostrarlles modelos masculinos e femeninos semellantes (profesións e actividades similares por exemplo e coidar a linguaxe, deixar de calificar sempre ás nenas como guapas e aos nenos como fortes por exemplo). Son como vos dicía, cousas para reflexionar, para ter presentes, pensar sobre elas e cambiar certas expresións e comportamentos que ás veces mantemos por inercia. Gústame ver que este tema xenera debates aquí no blog, está moi ben poñer opinións sobre a mesa, comentar e debatir. Grazas por todos os comentarios.

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...