lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

  Onte, 21 de marzo, conmemorouse o Día Internacional dos Bosques. E había que recordalo hoxe xa que ultimamente estamos insistindo moito na importancia que teñen as árbores para o planeta e para nós por suposto.


















    Fixemos moitas máis cousas porque estamos xa a final de trimestre e estamos, como xa imaxinaredes, coas bolsas e as portadas dos traballos, pero iso aínda non o volo imos mostrar. Hai que manter un pouco o misterio a ver si conseguimos sorprendervos. Pero aparte deso tamén tivemos tempo de ler un pouquiño dun libro magnífico que de vez en cando consultamos na aula porque ten moita información. Moi recomendable, por si vos interesa.



     E como estaba un día estupendo, neste comezo da primavera, decidimos que era unha boa idea tomar a merenda fóra. Organizamos dous turnos (como nos restaurantes) para respectar a limitación de aforo e disfrutamos   moitísimo do soliño, da sombra das nosas árbores, das risas e das conversas relaxadas neste primeiro  picnic da primavera. Hai que aproveitar os días agradables, nos que estamos contentos e con ganas de disfrutar no cole. A erdade é que tivemos un luns xenial.




















 

4 comentarios:

  1. qué maravilla de picnic y de temperatura para disfrutar!! es necesario oxigenarnos y recibir vitamina D.. que el invierno es muuuuy largo!!!!

    y qué bonitos los dibujos de los bosques.. ninguno igual, con muchísimos detalles, recreando hábitats... una auténtica maravilla, unos artistas

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que a chegada da primavera sempre se agradece. Aínda que vai fresco pola mañanciña, na hora de saír ao patio xa se está moito mellor e agradécese quedar un pouquiño máis fóra, respirar un pouco de aire fresco e descansar da aula que é un recinto moi pequeno para 20 nenos... A eles gústalles estar no exterior é é lóxico porque os invernos son longos, pasan moito tempo "encerrados" e averdae a min gústame velos merendar no patio, penso que están máis relaxadose que nos senta ben a todos.

    ResponderEliminar
  3. Preciosos los dibujos de los bosques.
    A Pablo le gustan mucho las meriendas al aire libre,hoy fue lo primero que me dijo, volvimos a merendar fuera.

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...