Hoxe comenzamos nova semana e con festa porque ceebramos o aniversario de Mateo Lobato que estaba moi feliz porque xa ten 4 anos. Como é habitual, o primeiro é colocar a coroa de rei do día, apagar as candeas e escoitar o "cumpleanos feliz" Teño que dicir que hoxe os/as pementeiros/as estanam moi inspirados/as e cantaron con moito ritmo e enerxía e moi sincronizados/as. A verdade é que me encantou escoitalos e creo que a Mateo tamén. Despois el encargouse de repartir unhas chocolatinas que desapareceron á velocidade da luz. ¡Estaban boísimas!
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 6 de marzo de 2023
O ANIVERSARIO DE MATEO
E como todos os luns, hoxe tivemos a nosa sesión de ioga e, por primeira vez fixemos a nosa práctica empregando as esterillas e descalzos como auténticos/as profesionais. A verdade é que xa se notan moitos avances, as asanas cada día saen un pouco mellor, xa vou vendo como a postura corporal é un pouquiño máis organizada, van estirando mellor o torso e as extremidades, concéntranse un pouco mellor e van intentando esforzarse para lograr unha asana (sen protestar tanto como ao principio). Hoxe, a verdade, tivemos unha sesión moi boa e se siguen esforzándose así, vexo por aquí que poden saír auténticos e auténticas yoguis. A verdade é que iso de sacar mandilóns, descalzarse e empregar as esterillas tamén axuda, claro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
FIN DE CURSO
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, ...
-
O martes pola tarde tivemos a gran sorte de disfrutar da presencia do doutor Ángel Carracedo no noso cole para falarnos de Xenética, Div...
-
De cando en vez na Pementeira recibimos visitas interesantes, pero o venres tivemos unha realmente inesperada, alucinante, emocionante, vi...
No hay comentarios:
Publicar un comentario