Como vos comentei na entrada anterior, estes días estivemos coñecendo a Jacques Cousteau, o famoso investigador, explorador e biólogo mariño que percorreu os mares do mundo co seu barco Calypso observando ás criaturas que habitan as nosas augas, gravando fermosas imaxes e defendendo a importancia de coidar o medio ambiente.
Como vedes, ademais de coñecer a personaxes relevantes que viaxaron polo mundo para aprender, para investigar e para ensinarnos a nós moitas cousas, aproveitamos para avanzar no proceso lecto-escritor identificando algunhas palabras sinxelas (co modelo diante os nenos/as buscan unha palabra dentro dun conxento delas o que implica atención, concentración e identificación das letras que conforman dita palabra; todo isto é un primeiro paso importante dentro do proceso longo de aprendizaxe da lecto-escritura).
Agora, na rutina do panel (cando pasamos lista, contamos os nenos/as que faltan e os que están na aula, poñemos a data etc.), xa algunhas exploradoras se animan a escribir elas unha suma (dos nenos e nenas que faltan ese día) e así van interiorizando a linguaxe matemática de xeito natural. O concepto de suma é moi fácil de entender para os peques porque só implica saber a serie numérica (saber contar polo menos os 10 primeiros números) e xuntar dúas cantidades pequenas. Para facer sumas non é necesario que as escriban, poden xuntar (sumar) os dedos, rotus, bolas de plasti, pedriñas, cereixas ou o que sexa e ir practicando as habilidades numéricas. Encántame ver como queren saír á pizarra e ir facendo as cousas que normalmente facía eu.
E, como levamos uns días moi bos no cole, facendo moitas cousas diferentes, aprendendo moito e avanzando en moitas cuestións, pois tamén temos tempo para xogar xuntos, mirar libros, facer puzles e moitas outras actividades lúdicas (pero tamén moi educativas). Aquí vos deixo algunhas fotos nas que se ve o ben que o pasaron na aula e como empezan a disfrutar de certas actividades que fai uns meses non lles gustaban tanto. E como recibimos algúns materiais para o recuncho do Proxecto Egeria ultimamente, estiven ordenando un pouco ese espazo para sacarlle máis proveito ás aportacións dos peques.
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario