miércoles, 22 de marzo de 2023

O ANIVERSARIO DE CARLA E MÁIS COUSIÑAS

        Seguimos tendo celebracións na aula. Estas pementeiras e pementeiros non fan máis que estar de cumple e, nesta ocasión, a afortunada foi Carla que xa é toda unha moza de 4 anos.


     Como é habitual, despois de apagar as candeas, cantamos xuntos/as o "Cumpleanos feliz" adicado á raíña do día Posteriormente chegou o momento favorito de todos/as, ¡comer as galletas que trouxo Carla".


















    Pero ademais das festas, que sempre son importantes, tamén seguimos facendo multitude de cousas na Pementeira. Xa sabedes que as exploradoras/es xefas/es pasan lista, contan os nenos/as que están na casa e na aula e fan unha suma sinxela En xeral, están todos bastante interesados/as nas sumas, comprenden ben o concepto e xa están bastanate familiarizados cos signos que se empregan nesas operacións. O que costa un pouquiño máis e interiorizar ben a serie numérica e recordar cal é grafía de cada número e en que dirección van os trazos. Neste sentido, igual que no caso das letras, sería importante que tiveran claro como debe facerse cada trazo, cada letra ou cada número, para ir interiorizando e automatizando a súa realización gráfica e que así cada vez lles resultara menos traballoso, máis natural, máis cómodo e consecuentemente máis rápido. Así que aproveitamos cada día para recordar como escribir números e letras partindo sempre dunha boa posición corporal nas sillas e dunha correcta posición dos dedos da man cando agarran un lápiz ou un rotulador (que quizá é o que máis lles costa porque algúns xa interiorizaron malos hábitos e agora costa cambialos e, teño que dicir, que quizá non teñen moitas ganas, pero bueno, eu sigo insistindo porque sei que o poden facer  e sei que lles vai vir ben).







     Xa estamos metidos de cheo na elaboración das bolsas para levar os traballos a casa e das portadas para as actividades impresas. Eu penso que son actividades vistosas e agradables de facer porque permiten explorar determinados materiais plásticos, traballar coas mans, relaxarnos coas cores e ata escoitar música pero esta semana, entre os virus diversos que nos visitan e as súas consecuencias, así como a chegada da primavera que parece que alterou un pouco os ánimos, parece que se nos fai un pouco costa arriba. Pero hai que seguir insistindo a ver se ao ver os resultados que van logrando se animan a seguir practicando, escoitando as indicacións que se lles dan  e mellorando. A min paréceme que os traballos están quedando moi ben pero a ver se entre todos os convencemos de que é así e que a súa dedicación dá bos resultados. Entre témperas, rodillos, ceras e pegamento sempre queda tempo para xogar. Non revelaremos como quedan nin as bolsas nin as portadas ata o de agora, non vaiades a pensar, que hai que gardar algún segredo para o último día de cole antes da Pascua. E xa veredes despois o que vos parecen, se vos gustan ou non.






                                       

















































































































    Seguiremos informando da evolución destas e outras actividades ao longo destes días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...