sábado, 18 de marzo de 2023

IMOS DE SAFARI

     Todo o mundo sabe o que é un SAFARI obviamente. Pero non sei se todos/as sabedes a qué lingua pertence a palabra safari e o seu significado.

   Pois ben, a palabra SAFARI significa VIAXE en SWAHILI, unha lingua que se fala principalmente en Kenia e Tanzania (pero tamén nalgunhas zonas doutros países linítrofes). Seguro que todos/as coñecedes a expresión Hakuna Matata, grazas á película do Rey León, pois é unha expresión en Swahili que significa "non hai problema, todo irá ben".

    Estes días no cole estivemos falando deste tipo de expedicións, principalmente por África, coa finalidade de observar animais , admiralos e fotografialos. Para entrar un pouco nese espíritu viaxeiro e na atmósfera da sabana africana (tendo en conta que nos queda un pouco lonxe e non podemos ir así rapidamente, desgraciadamente) pois  saímos ao corredor a contemplar un mural que intenta reflexar unha paisaxe africana con algúns animais  autóctonos da zona e as características acacias, coas cores intensas das postas de sol que só podemos contemplar no noso continente veciño.





  Despois lemos un conto moi bonito sobre os baobabs, probablemente a árbore máis representativa de África, unha árbore sagrada, chea de propiedades, unha árbore imponente, vigorosa, fonte de diversos recursos e relacionada con múltiples lendas. Só existen baobabs en África e Australia (das 8 especies de baobabs, sete viven en África e unha en Australia).


      Resulta que na nosa clase temos un baobab de madeira (feito por un carpinteiro padronés, pai de dúas ex-pementeiras, e que gardo con moito cariño e sempre teño aquí na aula).E tamén temos uns debuxos do froito, a flor e a folla do baobab. E outra cousa que poidemos ver son as sementes do baobab, neste caso auténticas (traídas de Cabo Verde). Dentro dos froitos do baobab, que son como unha especie de melón un pouco alargado, hai como unhas pedriñas brancas que se poden comer, e dentro están as sementes.

                








Tras a lectura e estas experiencias , era o momento de pintar un safari. Escribimos a palabra SAFARI que empeza pola letra S como Sara e Sergio.







































   Como despois de pintar con acuarelas as mesas quedan un pouco manchadas, pois todos colaboramos limpiando un pouquiño para que a nosa aula sexa un espazo agradable e sano. Estamos intentando desenvolver hábitos saudables e tamén unha conciencia do que implica convivi, fomentando a responsabilidade, a cooperación, a autonomía e o respecto polo entorno e polos demais.





   Os últimos exploradores/as xefes/as foron Gael e Aileen, ambos saíron voluntarios e fixeron moi ben as rutinas do panel. Xa estamos integrando con toda normalidade a realización dunha suma e a utilización dos correspondentes signos matemáticos.



                                      

   E Libro dos Nomes, o venres viaxou á casa de Leo que marchou moi contento. Espero que o disfruten moito en familia.

E, por se a alguén lle apetece, aquí vos deixo unha fermosa canción en Swahili, Baba Yetu.

Kwa Heri!

2 comentarios:

  1. Que ben o pasamos este fin de semana, disfrutamos co libro dos nomes moito, grazas polo traballo que pasas facendo estas cousas e darnos a oportunidade de pasar días así en familia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué ben! Qué alegría que o pasedes ben! Leo chegou hoxe todo contento contándome que o lera todos os días!🤣😂 Eu temén vos agradezco que valoredes estas actividades e que pasedes tempo cos peques empregando estes materiais porque é unha motivación extra que lles ven moi ben para aprender nun futuro a ler e escribir, e moitas cousas máis.

      Eliminar

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...