A semana pasada recibín novas presentacións sobre personalidades UBUNTU: homes e mulleres que loitaron por mellorar as condicións de vida dos demáis, que adicaron os seus esforzos e puxeron en perigo as súas vidas por defender os dereitos dos demáis, porque todos temos que colaborar para lograr que este mundo sexa un lugar mellor.
Nesta ocasión Pablo Canabal e Aroa estiveron investigando sobre Martin Luther King e Rosa Parks, respectivamente. E gustoume que ambos trouxeran as súas presentacións sobre este home e esta muller de raza negra que coincidiron no lugar, no tempo e nos seus obxectivos e que, ademais, chegaron a coñecerse e ser amigos.
Martin Luther King e Rosa Parks naceron e viviron en Estados Unidos e ambos sufriron inxustizas por ser negros. Por iso ambos quixeron loitar contra o racismo que desprecia e maltrata aos que son diferentes a nos.
noraboa a Pablo e Aroa, que ben o fixeron, qué ben expresaron as ideas sobre Martin Luther King y Rosa Parks; e que grande que os pementeiros coñezan a estas dos figuras tan importantes tanto pola loita en si coma na forma de loitar.
ResponderEliminarcasualidades, Lucrecia e os lunnis o sábado pola mañán tamén falaron deles, a Valentina encantoulle coñecer a historia que ela cantaba.
un saudo
Lucrecia co seu pelo de cores e acompañada dos lunnis de lenda sempre recollen historias moi importantes. ¡Qué ben que coincidan co que facemos no cole e nas familias!😂🤣😂🤣👏👏👏👏
Eliminar