Como xa moitos sabedes, os venres van ser días moi saudables xa que será o momento de practicar as asanas de ioga e merendar froita. Este venres aínda non puxen ningún gomet (aos nenos/as que tomaron froita) para deixar uns días de marxe e que os pementeiros/as se vaian concienciando e comentándoo nas casas. Pero xa moitos/as o recordaron así que o vindeiro venres empezaremos a poñer gomets (recordade que o Día da Froita implica merendar froita, intentemos entre todos que eles/as se impliquen tamén e entendan que para conseguir o gomet hai unhas condicións)
En canto ás sesións de ioga, imos xa pola segunda (o que pasa que na primeira sesión estivemos organizándonos, co tema do calzado, mandilóns, as esterillas, a desinfección, recordando normas e nin conta me din de que non lle sacara ningunha foto) e nesta ocasión temos documento gráfico do esforzo que fixeron estes peques. É certo que costa estirar pernas e brazos, manter as posicións un tempo, e non protestar ante o cansancio pero aí estamos, traballando o noso control corporal, a concentración, o equilibrio, a paciencia... e cando logramos unha boa posición sentímonos requetebén.
Jolin, calquera diría que era a segunda sesión. Que ben facedes ioga, non me estraña,notase nas caras moita concentración. Na casa Icía amosounos algunha posición.Tamén teremos un día en familia de ioga. 🧘♀️🧘♂️ seguide así
ResponderEliminarSeguiremos traballando porque aquí no cole poñemos a funcionar a mente e o corpo. Hai que disfrutar con todas as actividades, poñer interese e descubrir todo o que somos capaces de facer. Xa veredes a onde chegamos!!!!
EliminarQue ben o fan xa!!! 👏👏👏Nótase que son os maiores e levan anos practicando esta disciplina (ioga). ☺
ResponderEliminar