martes, 21 de septiembre de 2021

EQUIPOS, PALABRAS MUSICAIS E MÁIS COUSAS

      Temos moitas que contar porque, realmente, xa fai varios días que non publico nada no blog e acumúlanse os temas.

      O venres pasado tivemos a nosa primeira sesión de ioga e pasámolo moi ben recordando algunhas posicións e procurando estirar ao máximo os nosos músculos. Pero, a verdade, estivemos tan concentrados que ata me olvidei de sacar fotos. Estamos tratando ao longo destes primeiros días de curso de traballar cuestións como a concentración, a calma, a paciencia, o esforzo... e o ioga ven moi ben para todo isto. A partir de agora, os venres teremos ioga e, de paso, xa que vai ser un día especialmente saudable, podemos instauralo tamén como o Día da Froita:

Para coidar a saúde a partir de agora

os venres comemos froita e facemos ioga.

         Por outra banda, xa temos nomes para os equipos da aula:

 1.- Jackson 5: formado por Samuel, Gala, Clara Viturro, Noa e Hugo.


2.- Abba: formado por Jimena, Carmen López, Bruno, Teo e Rosalía.
3.- Tina Turner: formado por Icía, Carmen García, Mauro, Alonso e Triana.
4.- Queen: formado por Lucía, Vera, Aarón, Clara Torreira e Mateo.

Estamos aprendendo novo vocabulario relacionado coa música e achegándonos a diferentes estilos musicais, como por exemplo a ópera. Entre as palabras que aprendemos, aquí vos presentamos dúas:
BATUTA 


PENTAGRAMA



    E, por último, falta comentar que estivemos falando das notas musicales e escoitando  con atención o seu sonido nun metalófono para distinguir cales son máis graves e cales máis agudas. De aí chegamos a falar de que as sopranos, as cantantes de ópera que nso deleitan coas súas arias asombrosas, teñen a capacidade de cantar en notas moi altas e así coñecemos  á "Raíña da Noite", personaxe dunha famosísima ópera (¿sabedes de cal?, seguro que si) que deixou aos pementeiros/as impresionados/as. Eso sí, percibiron perfectamente que non era moi boa muller que digamos así que, por medio dunha simple asociación decidiron que cantaba mal (aínda que eu trataba de explicarlles que é moi, moi difícil cantar coma ela, e que representar a unha muller malvada non implica que cante mal; como vedes a relación entre un concepto e outro que os nenos/as pequenos/as establecen baséase no emprego das emocións, na asociación de pre-conceptos e na correlación de ideas que non teñen obligatoriamente que manter unha relación: o bo e o bonito, ou o malo e o feo).
 Por hoxe despídome, pero aínda quedan cousiñas por contar nos vindeiros días.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...