miércoles, 29 de septiembre de 2021

OS RETOS VAN VENTO EN POPA

      Hoxe outra nova encargada fixo as súas tarefas con moita ilusión: Icía. Pasou lista, contou cantos artistas estaban listos para actuar no escenario e cantos quedaran na casa e, despois axudoume a repartir as fichas. A ver a quen lle toca mañán! Será un pementeiro ou unha pementeira?


  Despois destas tarefas rutinarias, estivemos repasando as grafías dos números porque temos que reforzar un pouco a direccionalidade dos trazos e a orientación de cada número. Alonso e Triana saíron voluntarios a escribilos na pizarra e fixérono moi ben.


   E quero comentar aquí que  esta proposta dos retos está empezando a funcionar a toda máquina. están xurdindo moitas preguntas nas asambleas, cos relatos e cos bits de intelixencia e varios/as pementeiros/as xa están inmersos nesto de investigar e disfrutan contando todo o que descubriron.
      Un dos retos consistía en averiguar canto medía de lonxitude a Gran Muralla China. Triana e Mateo trouxeron a resposta de primeiros e, despois, tamén Carmen García e Alonso ao día seguinte se animaron a investigar. Grazas a eles/as aprendemos que  esta muralla tan famosa medía máis de 21.000 km e tiña un grosor de máis de 4 metros (aproveitamos para marcar no chan canto son 4 metros para poder ter unha idea da anchura deste muro defensivo).


                                   
    Teo tamén chegou moi emocionado cun montón de información sobre o Machu Pichu. É certo que este reto era xa da semana pasada pero quixemos escoitar o que nos tiña que contar porque realmente puso moito interés e empeño e averiguar curiosidades desta antiga cidade inca. Certamente contounos un montón de cousas e ben interesantes sobre as portas de entrada, as 19 fontes purificadoras, o observatorio das estrelas e o burato por onde entraba o sol e se reflexaba na parede, e como sabían por ese ángulo de incidencia cando cambiaban as estacións e, polo tanto, cando era o mellor momento para sementar ou facer a colleita. A verdade é que Teo non paraba de falar e teño que recoñecer que ten moi boa memoria.


  E xa o último reto, polo de agora, tiña que ver con New York. A pregunta foi que edificio e que estatua son os máis famosos desta emblemática cidade. E, nesta ocasión, o único que chegou coa resposta correcta: O Empire State Building e a Estatua da Liberdade (que garda un secreto no seu interior, non sei se algún neno ou nena o contaría).




  Encántame ver chegar a estes peques pola mañán emocionados coas respostas ao reto escritas nun papeliño. ¡Parabéns a todos/as os participantes e ás familias que se implican nesta proposta!


2 comentarios:

  1. Como me gusta ver a estes pequen@s investigador@s curiosos.😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola profe María, pois a verdade é que lle están collendo gustiño a isto de investigar. Grazas por visitar o noso blog, é estupendo seguir en contacto, a estes peques faralles moitísima ilusión ver que sigues atenta a o que eles fan!😍

      Eliminar

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...