domingo, 3 de octubre de 2021

MÁIS ENCARGADAS, IOGA E LECTURAS

    As últimas dúas encargadas da semana, casualmente, foron as dúas Claras da nosa clase: Clata Viturro e Clara Torreira. Ambas  fixeron  as súas tarefas requetebén.





     Seguindo co noso proxecto de música, estivemos coñecendo o que é o HIP-HOP que, según a definición de Aarón "é o baile dos chulitos" e cando lle pido si o pode explicar un pouco máis aclara: " o baile dos chicos guays". Con esto parece que xa está todo máis claro. Así que lemos o libro que nos trouxo Noa e vimos algún vídeo sobre este estilo musical tan característico e que naceu nas rúas de New York. Por iso tamén aproveitamos para propoñer un novo reto e posteriormente ler outro libro sobre a cidade dos rañaceos.















    O venres tocou realizar a nova sesión de ioga na que estivemos estirando ben os músculos das nosas pernas e traballando un pouquiño a coordinación corporal global e o equilibrio.























  O venres foi xa o noso primeiro DÍA DA FROITA e moitos/as pementeiros/as trouxeron froita e puxeron o gomet no panel correspondente. Aproveito para recordarlles ás mamás e aos papás que o Día da froita ten como finalidade motivar aos peques a comer froita pero de verdade; o gomet gánase se a merenda é froita (non un iogur con sabor a froita ou un cachiño de mazán e galletas). O importante é que nenos e nenas empecen a implicarse, a esforzarse, a intentar merendar froita e así gañar un premio a final de curso. Como o venres era o primeiro día, e vin que quizá non se entendera moi ben a proposta, decidín deixarlle poñer o gomet a todos/as os que comeron algo de froita aínda que trouxeran tamén galletas ou iogur. Pero xa lles expliquei a todos que este día é só para merendar froita, se teñen máis fame pois poden traer máis froita e despois teñen outros catro días na semana para as galletas, bocatas, iogures etc. Intentemos entre todos/as que estes peques comprendan a importancia de alimentarse ben, de dsifrutar  os sabores e aromas da froita e beneficiarse das súas vitaminas e, despois, mesmo recibir un pequeno premio.
    Para rematar, quero felicitar a Mauro e a Hugo que se animaron a investigar sobre o Taj-Mahal e o Bisonte das Covas de Altamira, Aínda que eu non propuxera ningún reto sobre estas dúas cuestións, está xenial que eles quixeran aprender algo novo sobre elas.






     En relación a esta actividade dos RETOS DE INVESTIGACIÓN, a finalidade da mesma e potenciar a memoria auditiva e visual dos nenos e nenas, estimular a súa atención, promover a súa curiosidade e animalos a investigar, achegalos a mostras da nosa Historia da Arte, da nosa paisaxe, da Historia Mundial, da Xeografía etc, e ir xerando habilidades de expresión oral, de razonamento lóxico, de conexión de contidos e disciplinas diversas. Cando eu propoño un reto normalmente fago unha pregunta concreta para que eles poidan chegar a casa e comentala (non propoño investigacións moi xerais como podería ser: investigade sobre New York; porque sería demasiado complexo para eles). Por iso, como consello, cando investiguedes algo cos vosos/as fillos/as tratade de centrarvos nunha cuestión moi concreta que eles poidan entender, memorizar e despois transmitir na aula. O que está ocurrindo en moitos casos é que traen moitas cousas escritas nun papel pero non recordan nada ben porque eles non participaron directamente na investigación ou na elaboración das resposta, ben porque a información é tan extensa que non tiveron nin tempo de entendela e polo tanto recordala. Os retos pretenden que os nenos/as teñan ganas de investigar pero tamén que aprendan algo novo, non están pensados para darvos traballo ás familias e facer unha competición para ver quen traballou máis. Para min o importante é que o que investiguen, o recorden e poidan expresalo coas súas palabras, á súa maneira. Por iso o mellor é centrarse nun par de datos significativos e concretos para que eles poidan asimilalos dentro da capacidade de cada un. Hai nenos/as que recordan moitísima información sobre un tema que lles chamou a atención e chegan contando un montón de cousas, o cal é xenial porque esa investigación foi significativa para eles/as e outros traen a resposta breve e concreta do reto, o cal tamén é estupendo xa que era o que se propoñía. Pero cando traen algo escrito nun papel, que investigaron mamá e papá e eles non saben o que pon e non son capaces de contar nada sobre o tema, entón a actividade non cumpliu os seus obxectivos. Non pasa nada, non é obligatorio, son propostas totalmente voluntarias, con vocación de motivar, animar e estimular pero que non van supoñer nin subir notas nin baixalas, nin quero promover unha competitividade baleira. Temos todo o curso para avanzar nestas propostas así que o importante é lograr que os nenos/as se impliquen pero de xeito activo e significativo para eles, aprendendo dentro do seu nivel e características.
   Estou encantada coa resposta porque estou comprobando o rápido que se implicaron na proposta, a boa memoria que teñen, e as ganas de aprender. Para min iso é fantástico. Así que o inicio foi un éxito e seguro que os progresos serán aínda máis chamativos.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DE MERCADO

    Hoxe, na Pementeira, foi día de mercado. Fomos de compras e practicamos as sumas cos nosos euros, porque cando imos mercar temos que pag...