lunes, 25 de octubre de 2021

PICASSO E STRAUSS ESTÁN HOXE DE ANIVERSARIO

     Hoxe, 25 de outubro, falamos na Pementeira de dúas celebridades do mundo da arte: Picasso e Strauss, dous artistas de ámbitos diferentes, a pintura e a música, pero que comparten o día de nacemento e o gusto por expresarse empregando linguaxes cargadas de creatividade. ¡Qué artística maneira de empezar a semana! 

                           



Para homenaxear a estes dous artistas, hoxe pintamos con acuarela "O guitarrista azul" de Picasso mentres disfrutábamos do ritmo envolvente do "Danubio azul" de Strauss.



E aquí están os resultados da sesión pictórica desta xornada.













4 comentarios:

  1. Menudos artistas!!! Y qué concentrados!!👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Espectaculares esas acuarelas!!👏🏽👏🏽Da gusto velos disfrutando da pintura e da música!

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que son momentos agradables. Mira que son faladores e máis inquedos do que eu pensaba, pero nestes momentos consiguen concentrarse e eu penso que o disfrutan. O resultado é estupendo, a acuarela é unha técnica que relaxa, a auga permite deixarse levar e creo que lles axuda a soltarse coa pintura e disfrutar cun resultado moi atractivo. Así, pouco a pouco traballamos concentración, atención, control viso-manual, pero tamén o amor polas artes do tipo que sexan. Alégrame moito que vos gusten estas actividades! E eles/as seguro que aprecian moito a vosa valoración.

    ResponderEliminar
  4. Estos nenos están feitos todos uns artistas, fano todos eles xenial 🥰

    ResponderEliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...