miércoles, 27 de octubre de 2021

CONCURSO DE CABAZAS E GRAFFITI

    Xa recibimos varias fotos de cabazas monstruosas e divertidas, algunhas musicais, outras momificadas, outras tipo xoia e outras tipo meiga ou morcego. Hai de todo, como en botica. Podedes ir pensando cal vos gusta máis porque o concurso está en marcha!










  ¡Parabéns pementeiros e pementeiras por estas mostras de creatividade samainesca! A ver se aínda aparecen máis participantes...

     E mentres esperamos se hai máis participantes no concurso de cabazas, aproveito para mostrarvos como quedou, finalmente, o noso graffiti musical que pronto colocaremos no seu lugar definitivo. Espero que vos guste! Como dixo hoxe Teo: "Quedou moi real". A ver o que opinades vos! A nós, equipo pementeiro de infantil, gustounos moito.
                                       




                                       

                  

Este é o resultado dun bo traballo en equipo.
   E hoxe rematamos a primeira ronda de encargados e encargadas. Así que mañán toca empezar de novo. Aquí están, facendo o seu traballo, Hugo, Lucía e Teo. ¿Quen empezará a nova ronda mañán?










1 comentario:

  1. Que bien trabajáis en equipó quedo precioso me encanta y como no las calabazas espectaculares a seguir a si de bien

    ResponderEliminar

FIN DE CURSO

    Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...