lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

    O venres 29 celebramos finalmente o Samaín e o Magosto despois dun curso e medio, practicamente, sin facer celebracións conxuntas no cole. ¡Por fin! Aínda que non foi  unha festa como a nós nos gusta, compartindo bailes, xogos, merendas, castañas e diversión con todos os nenos e nenas de infantil, temos que estar felices de ir dando pequenos pasos e poder disfrazarnos e facer festa nas aulas. Algo é algo e nós sabemos sacarlle partido a estes días especiais esperando que o vindeiro curso xa poidamos estar todos xuntos e esquecernos, un pouquiño, de tantas medidas de seguridade.

     Pois ben, empezamos a xornada asustándonos cos terroríficos personaxes que ían chegando ao cole: homes-lobo, bruxas, vampiros, morcegos, pantasmas, momias, esqueletes, zombies, Catrinas, Miércoles, Cruellas.... De todo había polas aulas e corredores de infantil e miraras onde miraras, levabas un susto!

    Na Pementeira aproveitamos para cantar e bailar coas nosas cancións de terror favoritas como "A casa do terror" ou "O monstro da lavadora".
















   Seguramente o que máis lles gusta a estes pementeiros e pementeiras e disfrutar dos seus disfraces, polo que fixemos unha boa sesión de fotos para recordar estes traballos de caracterización tan orixinais e divertidos. Mirade o vídeo porque estes nenos e nenas estaban espectaculares!


    Pero tamén tivemos tempo de comer castañas, de xogar, de experimentar e descubrir cousas coa mesa de luz, de ir ao patio, de merendar xuntos e disfrutar dunhas galletas e uns gusanitos... en fin que a xornada do venres foi realmente moi completa e... ¡monstruosamente divertida!
































































   E como vedes, fixemos moitas cousas e aínda tivemos tempo de traballar o ritmo, a coordinación, a concentración e o traballo en equipo coa música... pero xa volo contarei outro día!.



4 comentarios:

  1. ¡¡Qué miedo dan est@s pementeir@s y qué bien lo pasaron!! 👏👏

    ResponderEliminar
  2. Que día tan terrorificamente divertido! Que gusto vervos de festa! 👻🎃🧛🧟🧙

    ResponderEliminar
  3. Que medo🧟‍♂️🧟‍♀️ estabades moi
    pero que moi terroríficos.
    Que día máis produtivo, cantas cousas fixechedes e que ben movedes o esqueleto🤣😂.

    Que boa pinta teñen esos xogos de mesa.

    ResponderEliminar
  4. Que chulos eses xogos de bichito e na mesa de luz!!! E que guapos e terroríficos tod@s.

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...