lunes, 8 de noviembre de 2021

PALABRAS MUSICAIS 2

    Seguimos investigando y aprendendo moitas cousas de música. Descubrir novas palabras para falar con maior precisión cada vez, é moi interesante  así que hoxe decidimos gravar tres novas palabras relacionadas coa música. Teño que dicir, unha vez máis, que sempre pido voluntarios para facer estes vídeos porque me gusta que cada neno/a vaia elixindo o que quere gravar, que busque o seu momento, que se sinta a gusto facendo estas tarefas ... Gustaríame conseguir que foran participando todos/as, e vou ir tratando de animar aos que non se lancen rapidamente ou "remoloneen" un pouco aínda que ata o de agora están moi animados/as e, de feito, hai moitos candidatos/as e algúns están esperando máis palabras novas. Espero que sigamos así. Está resultando fácil facer estas actividades xa que estamos gravando á primeira, sin ter que facer repeticións. O máis complicado (como é habitual neste tipo de propostas) é conseguir que os espectadores se manteñan en silencio mentres os protagonistas explican o significado da palabra. ¡Temos que traballar a paciencia e a capacidade de escoita! É normal en infantil, xa o sabemos, pero é importante que os nenos e nenas aprendan a escoitar aos demáis e a respectar o esforzo que fan os compañeiros/as manténdose tranquilos e en silencio uns minutos. Como digo, o proceso está sendo moi sinxelo porque non foron precisas as repeticións e en cuestión de 15-20 segundos temos cada gravación feita.

    Espero que os pementeiros e pementeiras vaian aprendendo as novas palabras e as integren nas súas conversas para ter cada vez un vocabulario máis rico e preciso.



1 comentario:

  1. Fantástico chicos, que ben o facedes👌🏻👌🏻👌🏻👏👏👏👏

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...