UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 17 de noviembre de 2021
MUSEO MUSICAL
Hoxe tivemos un fantástico día na Pementeira. Temos xa un libriño viaxando polas casas dos nenos e nenas; cada día visita á familia da encargada ou encargado e iso xa me ilusiona porque é moi bonito compartir certas actividades coas mamás e os papás e ver a ilusión dos peques cando lles toca levalo. Espero que o disfrutedes porque para eles é moi importante que vós valoredes o que facemos no cole e non hai mellor maneira de motivalos e animalos a aprender disfrutando.
Por outra banda estamos traballando no noso "Museo Musical" que consiste nunha exposición de obras de arte, pinturas de épocas e artistas diferentes, que teñen como tema central a música (poden ser representacións de instrumentos musicais, orquestas, xente bailando ou tocando etc.). Cada neno/a pinta con acuarelas as obras que imos coñecendo na aula e, a continuación, expoñémolas no corredor e facemos un vídeo presentándoas. Así que aquí vos deixo o primeiro vídeo no que tres pementeiras elegantes iranvos guiando polo noso museo.
Tamén aproveito esta entrada para mostrarvos o noso traballo na sesión semanal de ioga. Estamos esforzándonos moito para fortalecer os músculos de pernas e brazos para así, cada día, facer mellor as diferentes asanas, estar máis fortes e sanos e ter mellor control postural. Costa un pouco manter as rodillas e cóbados estirados e aguantar nunha posición sin movernos pero cada día se nota máis o esforzo e o interés, hai menos protestas e máis ganas de intentar lograr a postura perfecta. Estamos aprendendo a non desanimarnos ao primeiro intento e comprender que non se consigue o éxito ao primeiro intento.
E xa para rematar, o último reto de investigación que plantexamos na Pementeira que,en realidade, foi un reto triple porque lendo a poesía do Pirata Piratón xurdiron tres cuestións:
-¿Qué famoso pirata chegou á Coruña e quixo conquistar a cidade?
- ¿Qué é a popa dun barco?
- ¿Cómo se chama esa especie de cesta na que vai o vixía do barco?
Pois ben, as respostas correctas eran: Francis Drake (que grazas á intervención de María Pita non foi quen de saquear a Coruña), a popa é a parte de atrás do barco (de aí a expresión de "vento en popa a toda vela") mentres que a proa é a parte dianteira onde se coloca o mascarón de proa, e a cofa é esa canasta onde se colocaba o vixía para otear o horizonte e dar o aviso de que chegaban a terra.
E aquí están os intrépidos investigadores Mauro, Carmen López, Noa, Teo, Rosalía e Mateo (faltan na foto Lucía e Samuel que tamén investigaron sobre os piratas). Non todos/as contestaron ás tres cuestións, algúns investigaron sobre piratas e barcos pero sin precisar as tres cuestións que eu preguntara pero , a verdade, é que imos avanzando moito e animándonos a investigar que é o que eu pretendo. ¡Parabéns a todos/as! E espero que cada día se animen máis...
Pois teremos que seguir pintando!!!! Xa temos algunha máis seleccionada, así que esperemos que pronto presentemos outras obras de arte musicais. Hai moitos presentadores/as esperando poder saír á escea!
Moi ben pementeir@s👏👏
ResponderEliminarEstamos desexando volver visitar o voso museo
Impresionantes as vosas obras🤗
Pois teremos que seguir pintando!!!! Xa temos algunha máis seleccionada, así que esperemos que pronto presentemos outras obras de arte musicais. Hai moitos presentadores/as esperando poder saír á escea!
Eliminar