jueves, 4 de noviembre de 2021

VISITA SORPRESA, LIBROS E RETOS SUPERADOS ¡NON PARAMOS!

    Hoxe tivemos un día moi especial porque recibimos unha visita inesperada e moi agradable. ¡A profe María!. Cómo nos gustou vela polo cole e falar con ela un pouquiño e, ademais, todos os nenos e nenas recibiron un agasallo delicioso.














    Foi un pracer recibir a visita da profe María e é estupendo ver as caras de alegría destes pementeiros/as e disfrutar dun sorriso sin mascarilla (aínda que fose rapidiño). ¡GRAZAS ,PROFE MARÍA!

    Despois de tanta emoción, relaxámonos un pouquiño lendo libros moi interesantes, observando as ilustracións e comentando descubrimentos de temas diversos. ¡Encántame veras caras de interese dos máis pequenos cando se mergullan nos libros!















 

    Por outra banda, xa están colocados en exposición a versión pementeira do "Guitarrista azul" de Picasso. Se continuamos pintando máis obras de arte musicais, podemos facer un museo cheo de ritmo e melodías plásticas.¡UN MUSEO MUSICAL!

 

     Xa imos, pouco a pouco decorando os espazos de infantil como a nós nos gusta (porque un cole sin cores, sin arte, e coas paredes baleiras, non é un cole acolledor nin moi interesante, verdade?)




   E xa para rematar esta entrada, aquí está o último reto que plantexamos na Pementeira e que aínda nos compartira convosco. Fai uns días Aarón trouxo un atlas moi bonito. O momento era ideal para falar do significado da palabra ATLAS e, polo tanto, para explicar un interesante relato mitolóxico, o do famoso Titán que foi condenado por Zeus a soster o globo terráqueo (aínda que parece ser que o nome dos libros que conteñen mapas, foi posto en honor a un rey de Mauritania tamén chamado Atlas que foi matemático e astrónomo. De todos xeitos en moitos atlas se representa a figura do mítico Titán sostenendo o pesado planeta e sempre é interesante mergullarse na mitoloxía para profundizar nos significados das nosas palabras ou expresións).
     Despois de coñecer a Atlas, o reto consistía en averiguar en qué lugar de Santiago de Compostela hai unha estatua de Atlas. Varios/as pementeiros/as fixeron a investigación e trouxeron resposta ao cole (outros investigaron sobre o Titán Atlas pero non se acordaron de buscar a estatua de Santiago, pero  eu tamén valoro que se acordaran de falar do tema na casa e se animaran a investigar que sempre é moi importante). Pois aquí están os flamantes investigadores Carmen López, Teo, Mauro, Icía, Alonso e Rosalía e detrás deles a imaxe do Atlas que podemos ver na Praza do Toural en Santiago de Compostela, no Pazo de Bendaña. ¡Parabéns a todos/as!




   ¡E xa me esquecía! O mesmo día que falamos de Atlas, tamén xurdeu outro interesante tema na aula. Como se achegaba o Samaín obviamente falamos de morcegos e algúns nenos/as dixeron que os morcegos teñen visión nocturna. Entón con esta información que non é correcta na súa totalidade, había que investigar por suposto, para tratar de averiguar como fan os morcegos para voar de noite sin tropezar con nada porque visión nocturna non teñen. Así que, como  a min me encanta sembrar suriosidade, non expliquei nada pero díxenlles que estaría moi ben investigar que extraña habilidade teñen estes mamíferos, que non son tan malos como se di xa que, de feito, cumpren un papel importante na polinización (como as abellas). Pois ben, Rosalía, Aarón e Noa descubriron que os morcegos voan de noite empregando unha especie de radar, emitindo uns sonidos que rebotan nos obstáculos indicándolle así o que teñen que esquivar. ¡Parabéns! ¡Bo traballo!


¡Cantas cousas interesantes aprendemos cada día!

   E non quero pechar esta entrada sin felicitar a Amelia que gañou, en infantil, o concurso de cabazas decoradas do Samaín coa súa cabaza Glam. ¡Parabéns campeona! E grazas a todos/as os/as participantes. Dá gusto ver tanta creatividade.

4 comentarios:

  1. Menuda sorpresa! Grazas, profe María por vir visitar a estes peques que se lembran de ti con tanto agarimo. Eu sei dunha que sempre pide enviarche cariñas polo teléfono.
    A decoración está xenial. Que tal se organizades unhas visitas ao voso museo musical para que poidamos velo?. Os libros teñen unha pinta estupenda. Hai posibilidade de que se poidan traer ás casas?. Noraboa aos investigadores. Grazas por ensinarnos tantas cousas interesantes. Parabéns a Amelia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi unha sorpresa moi agradable. Todos estaban felices.
      Temos que traballar aínda máis para ir poñendo ben musicais e artísticos os espazos de infantil e si a situación mellora e o protocolo de centro o permite, as profes estaremos encantadas de que mamás e papás veñades de visita. En canto aos libros, eu penso que este curso quizá poidamos organizarnos para poder levar libros os fins de semana. Temos que valorar como facelo e tratar de organizalo mantendo as normas de seguridade. A min encántame que disfruten cos libros!!!!

      Eliminar
  2. Moitas grazas a profe Teté e aos nenos e nenas por recibirme con tanto cariño e ledicia.
    O voso museo musical estavos quedando chulísimo e agardo poder visitalo cando xa o teñades todo listo.
    Unha aperta enorme.

    ResponderEliminar
  3. Que sorpresa mais agradable!!!😊

    Espectacular os espacios de infantil👏👏👏👏👏👏🤩🤩

    Parabéns Amelia!!!👏👏👏👏👏🎊🎉🎊🎉🎉

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...