A música é un inmellorable estimulante dos nosos cerebros. fainos sentir ben, axúdanos a concentrarnos, estimula a atención e a memoria, fomenta o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, fainos comprender de xeito intuitivo moitos conceptos matemáticos, potencia a nosa coordinación corporal global, achéganos ao mundo das artes, desenvolve a nosa sensibilidade, xenera unha armonía no entorno, desenvolve a tolerancia e o autocontrol...
Hai centos de motivos polos que a música ten que estar presente nas aulas e nas vidas dos nenos e nenas. É importante que desde pequenos/as teñan contacto con diferentes estilos musicales e aprendan a escoitar e deixarse levar polo que sinten.
Na Pementeira traballamos moito coa música: desde o simple (pero importante) acompañamento ambiental cando estamos facendo outras tarefas ata tarefas máis precisas con determinadas melodías, obstinatos ou cancións empregando percusións corporais, sinxelas coreografías etc.
Hoxe vouvos mostrar algúns exemplos de traballos con ritmos. Facemos moitos outros pero, obviamente, non sempre gravo todo. Así que este é unha pequena mostra deste tipo de tarefas. Como sabedes, no lateral do blog hai diferentes apartados nos que se agrupan cancións ou exercicios diversos de ritmos, percusións, xogos de grupo, danzas... Podedes ir investigando o que está recollido aí e cando teñades ganas tamén podedes practicar na casa, en familia.
¡Qué figuras de plastilina! ¡¡Están hechos todos unos artistas!!👏👏
ResponderEliminar