lunes, 18 de octubre de 2021

O CUMPLE DE CLARA TORREIRA

     O venres celebramos o aniversario de Clara Torreira que levaba esperando ese emocionante momento moito tempo, contando os días que faltaban e chea de ilusión por chegar dunha vez a esa magnífica idade de 5 anos.

   Aproveito xa esta entrada festiva para poñer as fotos dos últimos encargados destes días pasados para que comprobedes o ben que fan a súa labor: Samuel, Mauro, Aarón e Carmen López.









    E agora sí, agora é o momento de adicar este espazo á protagonista do día: Clara Torreira. Primeiro apagou as candeas con precisión, escoitou encantada o "Cumpleanos feliz", e, xa no patio, foi repartindo ás galletas que trouxo a todos/as os compañeiros/as que nunca din que non a unha deliciosa galleta (eu tamén provei unha e estaba deliciosa por certo).














   Por último, outra parte importante destas celebracións é o Círculo dos eloxios. Como é habitual, empecei eu decíndolle a Clara algunhas cousas que me gustan dela e que eu valoro positivamente:
  - Clara, gústame moito de ti que non fales berrando e que non discutas cos teus compañeiros/as. Sempre intentas estar tranquila, sin enfadarte e sin facerlle dano aos demais. Gústame cando te esforzas en facer unha tarefa aínda que non teñas moitas ganas nese momento e procuras escoitarme e facer o que eu pido. Encántame verte ilusionada no cole.
    Despois, os/as compañeiros/as tamén lle adicaron os seus eloxios:
   - Gústame que xogues comigo no patio, eres boa compañeira e quérote moito.
    - Gústame como fas as fichas.
    - Gústame como te esforzas no cole.
    - Gústame que sexas a miña amiga e que xoguemos xuntas.
    - Gústame cando xogas con todos no patio.
    - Gústame como coloreas os debuxos.
    - Gústame como te ilusionas.
    - Gústame como traballas e como xogas no patio.
    - Eres boa compañeira e gústame ser a túa amiga.
    - Pórtaste moi ben no cole e quérote moito.










4 comentarios:

  1. Moitisisimas felicidades Clara!!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Clara, que mellor agasallo que o círculo de eloxios, gústanos moito lelos, que bonito 🥰

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias polos parabéns e por esas bonitas palabras. Aínda que nas fotos a vexo cohibida pola solemnidade do momento a verdade é que veu encantada os dous días que durou a celebración. Xa está contando os días para cumplir 6. Non lle queda nada! 😅

    ResponderEliminar
  4. Parabens Clara!!! Unha aperta grande!!!

    ResponderEliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...