lunes, 11 de octubre de 2021

OUTRA SEMANA CHEA DE ACTIVIDADES

     Seguimos traballando e disfrutando na Pementeira con todo tipo de actividades. Mirade, mirade!

     Os /as encargados/as empezan cada día a xornda escolar pasando lista e poñendo a data. Triana (pobre Triana, non fago máis que chamarlle Mencía, e agora encima tamén o escribo no blog, mil perdones, xa me tiro da orella cada vez que me equivoco porque Triana merece ter o seu propio protagonismo e non andar sempre á cola da súa irmán, pero as profes sempre nos acordamos dos ex-alumnos/as que nos deixaron tantos recordos. Grazas aos pementeiros/as que me avisaron hoxe do erro!), Rosalía e Alonso representaron perfectamente o seu rol e, despois, o que máis lles gusta a todos/as é ir de primeiros na fila. 







    Estivemos facendo actividades interactivas na PDI, traballando coa serie numérica para reforzar conceptos de lóxica-matemática.








    Seguimos investigando e resolvendo retos. Aarón chegou un día contándonos que estivera investigando sobre as Pirámides de Exipto e sobre as Pirámides escalonadas mayas e aztecas (xa que nos Bits de Intelixencia estivemos vendo a Pirámide escalonada de Chichén Itza). En realidade eu non plantexara ningún reto pero está ben ter ganas de investigar independentemente de que eu o propoña. Así que parabéns para Aarón por animarse a investigar. Vendo as diferencias entre estes dous tipos de pirámides, saiu o tema das momias, que para moitos pementeiros/as son "seres fantásticos" que saen dos seus sarcófagos para asustarnos ou mesmo para atacarnos sobre todo na noite máxica e terrorífica do Samaín. Así que non había máis remedio que investigar sobre as momias para averiguar que son realmente. Aarón, Rosalía, Teo e Mauro explicáronos que as momias son os corpos da xente que morría (normalmente xente noble ou de clase alta, aínda que tamén hai momias de animais) e que lles sacaban os órganos, e despois os envolvían en vendas e colocábanos en sarcófagos.




  Tamén tivemos varias oportunidades de realizar actividades plásticas que sempre nos relaxan e nos fan sentir moi ben. Ademais aproveitando estes días de bo tempo, estivemos pintando nas mesas de madeira que temos no patio de infantil (así podemos xogar fóra e, tamén, ir avanzando nestes traballos que despois servirán para decorar os espazos de infantil).



































     Tamén estivemos facendo debuxos dos nosos contos favoritos (dos que estivemos lendo estes días). Moitos nenos e nenas elixiron relatos como "Pecro e o lobo", "Paco y el hip-hop", "Onde estás, caracol?", "Dos ardillas y una piña", "The octopus´s garden" ou Renato Nicanor.


















   E, por suposto, tamén tivemos ocasión de traballar o equilibrio e a forza, fortalecer o core e os músculos abdominais na nosa sesión semanal de ioga, e de apoiar a toda a xente da illa da Palma comendo un delicioso plátano de Canarias o venres (e sei de boa tinta que os nenos/as que non poideron vir ao cole o venres, tamén comeron un plátano na súa casa para participar nesa proposta de apoio aos afectados pola erupción volcánica). ¡Vaia semana máis completa! Na Pementeira non perdemos o tempo.









































                                       
                                       
                                        


2 comentarios:

  1. ¡Qué trabajadores! ¡Y sí que debieron fortalecer bien los abdominales en yoga porque el sábado Mateo tenía agujetas!😂😂

    ResponderEliminar
  2. Realmente fue una sesión muy completa y en general se esforzaron mucho, tengo que reconocerlo. Me gusta ver cuando no consiguen algo a la primera y vuelven a intentarlo... y luego hay que verles las caras de satisfacción cuando les digo que mejoraron o que la postura es fantástica.

    ResponderEliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...