lunes, 4 de octubre de 2021

UN FAGOTE E UNHA TORRE INCLINADA

  Na Pementeira temos sempre un montón de cousas das que falar. E hoxe foi un día cheo de conversas, e de música tamén, claro.
  Antes de nada, a nosa encargada de hoxe foi Vera que despois de pasar lista estupendamente, tamén me axudou a repartir os caderniños de traballo e tivo o privilexio de ir de primeira na fila.



    Despois estivemos disfrutando de novo do conto musical "Pedro e o Lobo" de Prokofiev. Fixemos a ficha correspondente ao avó de Pedro que está representado polo fagote, un instrumento de vento realizado en madeira.
FAGOTE






    E tamén tocou resolver un dos retos. Ata o de agora foi o que tivo máis éxito xa que trouxeron a resposta correcta nada menos que 7 pementeiros/a: Noa, Mateo, Aarón, Triana, Alonso, Teo e Rosalía. A pregunta formulada o venres era a seguinte:
   ¿Por que causa está inclinada a Torre de Pisa?
   Pois ben, os sete investigadores explicaron con moita claridade que o factor principal que provoca a inclinación da torre é o propio terreo no que levanta este fermoso campanille. É unha zona con moita arxila e area e moita humidade. Iso fai que o terreo sexa blando e inestable. Por outra banda, os cimentos da torre son pouco profundos e iso, xunto co terreo, provocou que cando estaban construíndo a cuarta planta, empezara xa a detectarse a inclinación tan característica.
   ¡Parabéns a estes investigadores con tan boa memoria e tantas ganas de aprender!


3 comentarios:

  1. A nos Carmen non nos di nada!! 🤦

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pouco a pouco hay que intentar que vaian particpando en diferentes actividades. E tamén é certo que cada neno/a é un mundo e non todos mostran os mesmos intereses,curiosidades, habilidades etc. É certo que Carmen tampoco na aula conta moito da súa vida fóra do cole, é discreta😂😂 Non psrticipa na asamblea espontáneamente, sin embargo si lle pregunto algo concreto entón cóntame con toda normalidade. Procurade facerlle preguntas moi concretas (o blog pode darvos moitas pistas sobre qué preguntar) relacionadas coas actividades do cole e así iredes comprobando o que recorda, o que lle gusta, ou o que non lle interesa.

      Eliminar
    2. E moi cohibida. Si lle pregunto si que me conta pero senon, nada... Si EU lle saco tema si que pon interés e gustalle que lle conté aventuras e quedase con todo pero e moi timida

      Eliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...