Empezan as celebracións na Pementeira. Hoxe tivemos o primeiro aniversario do curso escolar: Carmen López cumpleu 5 anos. Eu pensei que eran 25 e non tiña tantas candeas pero resulta que eran 5! Resultou ser un día moi axetreado. Eu non sei si xa estaban nerviosos polo cumple pero o caso era que non había maneira de que se tranquilizaran un pouco e me escoitaran. O caso é que non nos dou tempo de celebralo antes do recreo e tivemos que facelo despois (así que comemos poucas galletas para non ir coa barriga moi chea para o comedor, e mañán xa rematamos as que nos sobraron.
Hoxe tivemos unha nova encargada, tocoulle o turno a Carmen García que fixo o seu traballo requetebén: pasou lista perfectamente recoñecendo todos os nomes dos compañeiros/as e despois axudoume a repartir as fichas. Por suposto non se esqueceu de ir de primeira na fila.
Hoxe tamén houbo dous compañeiros/as que trouxeron resposta ao reto que propuxen onte pero iso contaréivolo mañán para deixarlle a Carmen García o protagonismo do día, xa que cumplir 5 anos é algo que non ocurre todos os días, verdade?
Primeiro tocou apagar as candeas e escoitar o "Cumpleanos feliz". Carmen estaba toda emocionada, apagou as candeas cunha precisión asombrosa, non fixo como o Lobo Feroz dos Tres Porquiños que non era capaz de tirar a casa, ela dun único soplido acadou o seu obxectivo. A canción de cumple parece que non saía moi animada, debe ser que correron tanto no patio que quedaron sin forzas para cantar. É curioso que lles pido durante todo o día que non berren, que falen con máis tranquilidade, que pidan as cousas con calma sin levantarme a voz e non o consigo e, cando lles pido un pouco de brío, quédanme sin forza.
Despois tocou realizar o "Círculo dos Eloxios". Xa celebrábamos así os cumples o curso pasado. A idea xurdeu dunha tradición dun pobo de África, que en lugar de castigar aos nenos/as que se portan mal, o que fan e realizar un cículo ao seu arredor e dicirlle todas as cousas que sabe facer ben e os comportamentos ou actitudes que son valoradas polos demais; despois cántanlle a súa canción. Partindo de aí, os cumples son un momento ideal para que cada compañeiro/a lle faga un agasallo especial ao neno/a que cumple anos, pero non un agasallo material senón algo máis importante: cada un di o que máis lle gusta do neno/a que está no centro do círculo, aquelas cousas que aprecia e valora do seu comportamento, as habilidades que chaman a atención, as actitudes que nos fan felices.
Empecei eu dicíndolle a Carmen o que me gustaba dela:
- Carmen, gústame moito cando chegas pola mañán ao cole con ganas de disfrutar, de contarme algo, cando me falas coa túa tranquilidade ou respondes dando a túa opinión a preguntas que eu fago. Faime feliz verte xogar alegre cos compañeiros/as sin pelexar e cando te esforzas en facer as tarefas sin despistarte. Gústame que me contes con emoción cousas que che veñen á memoria cando vemos os bits de intelixencia.
Despois os compañeiros/as fóronlle dicindo cousas como:
- Gústame como traballas.
- Gústame como nos contas cousas.
- Gústame cando xogas comigo no parque.
- Gústame como fas os traballos e que sexas a miña amiga.
- Gústame como debuxas.
- Fas todo moi ben.
- Gústame que sexas a miña amiga e quérote moito.
Costounos un pouquiño reflexionar sobre outra persoa, pensar qué cousas apreciamos. En xeral a tendencia é valorar o externo (a roupa, o calzado, os accesorios... que unha persoa leva). É algo habitual. Eu tratei de explicarlles que temos que pensar no comportamento, nas cousas que sabe facer ben, no que sentimos cando estamos con ela, nas habilidades que ten e nos chaman a atención... Non é fácil porque aos peques cóstalles sair de si mesmos para centrarse nos outros, para observalos e apreciar como son. Nestes momentos aínda son moi egocéntricos, eles/as son o centro de todo e non se paran a pensar como se sinten ou como son os demais (salvo para sinalar o que fixeron mal, que normalmente o ven claramente). Por iso, a modo de reflexión, por suposto, sería importante que en vez de darlle tanta importancia a cuestións estéticas cando falamos de outras persoas (insistir no guapos que son, na roupa tan bonita que levan e cousas así) deberíamos empezar a comentar as súas cualidades ou habilidades (e dicir cousas como: que ben canta, que amable é, gústame que sempre é educado e pide as cousas por favor, encántame que axude aos que están en apuros, disfruto da súa compañía porque me conta cousas interesantes, que ben debuxa, gústame velo/a bailar con alegría...). Empecemos entre todos a poñerlles outros modelos de eloxios para que eles vaian interiorizando as cousas positivas que vemos nos demais. Sei que non é sinxelo, pero pensade que transmitimos mensaxes dese tipo con máis frecuencia, eles/as irán imitando ese tipo de "eloxios".
A continuación, Carmen foi repartindo entre todos os compañeiros as galletas que trouxo para este día especial do seu aniversario. Fíxoo moi ordenadamente, e tamén todos/as os/as pementeiros/as foron collendo a súa galleta con tranquilidade sin tocar ás dos demais. Aínda nos quedan para mañán, así que disfrutaremos dun segundo plato deste aniversario.
GRAZAS A CARMEN E Á SÚA FAMILIA POR COMPARTIR CON TODOS NÓS ESTA DATA TAN ESPECIAL E POR SER TAN COMPRENSIVOS CON ESTES PROTOCOLOS DE PANDEMIA.
Moitas grazas a todos por compartir ese día tan cheo de emocions e nervios con Carmen e facer que fora un día moi especial.Pasouno en grande!
ResponderEliminarCarmen estaba emocionada, moi contenta e como ostentando unha responsabilidade importante. Obviamente cumplir 5 anos é toda unha responsabilidade. Sígueme sorprendendo ver esas caras de emoción cando cumplen anos, qué envexa, verdade? Carmen dáballe as grazas as todos/as os compañeiros/as que lle ían dicindo un eloxio, e repartindo as galletas estaba tan concentrada que casi non me atrevía a estropear ese momento tan relevante.😂😂😂 A verdade é que estas celebracións en infantil teñen moita significatividade!
EliminarMoitas felicidades Carmen!!!!🎉🎊🎉🎊🥰😘😘😘
ResponderEliminarPARABENS CARMEN!!!🥳 Espero que pasaras un día xenial e disfrutaras do día do teu aniversario. Moitos bicos🥰
ResponderEliminar