jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL

     E hoxe xa é Noiteboa e mañán Nadal! Qué rápido pasou o primeiro trimestre! Estou moi contenta de que non tivésemos ningún disgusto serio ao longo destes tres meses, que estemos todos ben e  que, dentro das restriccións lóxicas que tivemos que respectar, o 22 de decembro fora un día cheo de emocións, de música e de ambiente festivo na Pementeira e en todo infantil do Rosalía. 

    Cando chegamos tivemos xa unha sorpresa porque alguén me mandou un vídeo misterioso para que llo puxera aos nenos e nenas e... ¡resulta que un dos Reis Magos visitou o noso cole cando nós non estábamos e deixounos unhas chuches! ¡Vaia sorpresón! Díxonos que como non podían vir como fan cada ano a falar connosco e traernos as chuches, a causa deste virus que non fai máis que facer dano, pois que quedaban as chuches na aula. Imaxinádevos a sorpresa que levamos todos/as!.

      Despois sacamos fotos coas bolsas rematadas, bailamos con moito ritmo e alegría todos xuntos, merendamos (repartindo con coidado cumplindo os protocolos, as galletas, palmeritas e pelotazos que tiñamos) e, a continuación fomos todos os peques de infantil ao ximnasio para tomar as uvas escoitando as campanadas. 

       De volta na aula, tocamos as palmas ao ritmo da Marcha Radetzky de Strauss, como é preceptivo para comenzar con bo pé o novo ano 2021 (que esperamos que nos traia máis alegría, saúde, e experiencias positivas que este que xa nos deixa), aínda sacamos máis fotos de Nadal, cantamos unha canción que é moi "Ubuntu" (Jerusalema) e que nos gusta moito na Pementeira (como imaxinaredes, na miña aula aínda que sexa Nadal, ademáis de Rodolfo o reno ou White Christmas, non pode faltar un toquiño africano) e saímos ao patio a airearnos e xogar.

     Foi un día con moita actividade. Espero que os nenos e nenas marcharan felices cos seus traballos e con bos recordos deste primeiro trimestre. 

      Agora déixovos aquí un par de montaxes con fotografías e vídeos que resumen o vivido o martes 22 de decembro. Espero que vos gusten e que vos quede un bonito recordo deste remate de ano (non de curso, que aínda nos queda). Esperemos todos que o 2021 nos traia un montón de cousas positivas.




  Pola miña parte, remato este 1º trimestre moi contenta con todos os avances feitos por este grupiño de pementeiras e pementeiros. As cuestións académicas non eran para nada o que máis me  preocupaba ao inicio do curso, tendo en conta todo o acontecido desde o mes de marzo. E agora podo dicir que estou segura de que todos os nenos e nenas están perfectamente adaptados ao cole, á nova aula, ás novas rutinas (e que aínda que hai que repetir unha e outra vez certas cousas, iso tamén ocurría antes, xa que non podemos esquecer que aínda teñen 5 anos e o máis lóxico é que fagan travesuras, que esquezan certas obrigas, que teñan días nos que se sinten tan ben, que outros estén cansos, que se enfaden cun compañeiro ou conmigo, que teñan ganas de bromas ou  mil cousas diferentes) e que os avances académicos son salientables e eu síntome moi orgullosa de todos e cada un deles. Gustaríame que todas as familias tivésedes isto claro: foi un 1º trimestre moi positivo e o resto do curso seguro que será igual de satisfactorio. 
          Disfrutade das vacacións e vémonos en xaneiro!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...