Onte celebramos no cole o fin do trimeste e a chegada do Nadal. Todo foi ben, tivemos algunha sorpresa, bailamos e cantamos, tomamos as uvas, escoitamos a Marcha Radetzky e sacamos un montón de fotos. Espero poder mostrarvos todo prontio. Hoxe quero mostrarvos todo o traballo que fixeron os pementeiros/as para elaborar as súas bolsas de Nadal.
Espero xa en breve mostrarvos todas as fotos e vídeos do peche de trimestre (estou preparando todo para que comprobedes que foi un día especial a pesar das restriccións, protocolos de seguridade e demais) Disfrutade estes días e de vez en cando mirade o blog porque creo que vos vai gustar ver todo o que pasou onte.
Boas festas familia pementeira!
ResponderEliminarOhhhhh, e Dami ca mascarilla🤦
ResponderEliminarComo lles digo moitas veces: O mundo ao revés. Cóstame moitísimo que a poña cada día, teño que pedirlle constantemente que aa poña e a coloque ben porque non hai maneira e onte que lles dixen que para sacar a foto (que fixen un a un, ou por equipos) non a quixo quitar.🤷♀️ Cousas que pasan.
EliminarLas bolsas quedaron geniales y aún nos quedan chuches😁
ResponderEliminarFeliz Navidad a todos,disfrutad de las fiestas aunque sean algo diferentes.
La verdad es que tanto Papá Noel como los Reyes, con toda esta situación tan compleja, fueron muy detallistas. Los niños estaban emocionados y aunque no fue como otros años, también lo pasamos bien y nos las arreglamos para tener una despedida de trimestre divertida y festiva. Estoy intentando hacer uan presentación con todas las fotos para que tengáis una imagen aproximada de como fue el día. ¡Felices fiestas a todos! Disfrutad!
EliminarFeliz nadal para todos. Aroa e moisés chegaron moi contentos coas suas bolsas e traballos. Enhoraboa tete, moi bo traballo neste trimestre. Todo moi orixinal. As notas sorprenderonme gratamente, non por ser boas ou malas, senon porque na valoración final describes a aroa e moisés perfectamente tal e como son. FELIZ NADAL, FELIZ ANO E PRÓXIMO TRIMESTRE SIN CORONAVIRUS, A VER SI SUPERAMOS A PROBA DE NOVO.
ResponderEliminarMoitas grazas Begoña! Eu estou moi orgullosa dos progresos que fixeron todos ao longo do trimestre. Pensei que sería máis complexo todo pero finalmente todos nos fomos adaptando á nova situación. Penso que xa volo dixenmoitas veces, son nenos e nenas moi inquedos e movidos, revoltosos e con certas dificultades para escoitar 😂😂😂 (xa lles dixen que lle ía pedir aos Reis Magos que me escoitaran un pouquiño) pero son intelixentes, aprenden rápido, teñen curiosidade, e vexo que teño moitos camiños polos que avanzar con eles así que estou moi contenta coa evolución e as experiencias vividas nestes tres meses, e teño moita ilusión en ver como imos continuar a partir de xaneiro. Eu tamén vos desexo FELICES FESTAS a todos e douvos as grazas pola vosa colaboración, comprensión e respecto ao meu traballo. Unha aperta forte!
Eliminarfelices festas!!!! foi un día cheo de sorpresas e emocións, desexando ver esa presentación!!! moitísimas grazas Teté polo trimestre, traballouse moito pero, sobre todo, disfrutaron moitísimo!!
ResponderEliminarbo Nadal.. e seguiremos asomando por aquí ;)
A presentación xa está casi, casi, casi lista!😊😊😊 Pode que saia xa do forno hoxe. Eu tamén vos desexo FELICES FESTAS e alégrame moito que notedes que tivemos un trimestre cheo de emocións positivas, de momentos de aprendizaxes interesantes, de actividades variadas... porque iso é o cole. Tamén hai certos disgustos, algún capricho ou algún enfado pero a vida ten de todo e as emocións dos nenos e nenas son intensas pero tamén cambian dun momento a outro, é normal que haxa un pouco de todo ao longo do día, pero eu sei que os momentos divertidos,o interés, a satisfacción cando logran un avance, os xogos cos amigos, as conversas interesantes, os contos emotivos ou a música que nos mantiña conectados pesan moito máis que o resto das cousas que tamén forman parte do ser humano e teñen a súa función no proceso madurativo dun neno. Grazas a todos vos.
Eliminar