lunes, 14 de diciembre de 2020

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

    Hoxe levamos unha gran sorpresa no cole porque todos/as os nenos/as de infantil recibimos unha chamada especial, realmente inesperada e emocionante, nada máis e nada menos que os señor Papá Noel nos chamou pero a través dunha videoconferencia, así que ademais de escoitalo tamén tivemos a sorte de velo en persoa. ¡Flipante!

  Eu recibín un aviso de que á 1 tiñamos que ir á aula de desdobre porque alguén que quería falar conosco ía chamar pero eu non sabía quen era, a verdade. Avisei aos pementeiros/as de que por favor se comportaran ben con esa persoa que nos quería falar, que escoitáramos o que nos quería dicir e todas esas cousas que lles repito sempre na aula e todos me dixeron que si, que ían escoitar a esa persoa a ver que nos quería comentar... En fin, non foi exactamente así pero pensemos que a emoción estaba por encima do autocontrol.

    Supoño que xa volo contarían na casa pero déixovos aquí algunhas fotos en un par de vídeos cortos.













     En fin, o de escoitar e respectar turnos de palabra ímolo deixar para o segundo trimestre, non vos parece? Espero que todos estiveran contentos/as, porque aquí eu vinos moi felices e emocionados de falar con Santa. Alegroume que estiveran todos porque Papá Noel falou con cada un deles e sabía un montón de cousas do que facíamos na aula e todo e felcitounos por todo o traballo que fixeron ao longo destes meses


2 comentarios:

  1. Julia estaba encantada de poder falar con Papá Noel. Moitas grazas por contactar con él!😉

    ResponderEliminar
  2. cómo no lo iba a contar!! salió emocionada!! la verdad es que tienen muuucha suerte de poder hacer actividades como estas... muchísimas gracias los elfos que estén detrás.. y a Papá Noel por hablar con ellos

    ResponderEliminar

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...