Todas as mestras de educación infantil sabemos que unha das maiores preocupacións das familias está relacionada coa aprendizaxe da lecto-escritura. Por iso decidín facer esta entrada no blog, para comentar certas cuestións, reflexionar sobre outras e propoñer algunhas ideas a ver que vos parecen.
1.- Na etapa de infantil, estams iniciando o proceso de aprendizaxe da lecto-escritura. É un momento de preparación, de sentar bases, de preparar os cimientos, de achegamento e motivación. Pero a adquisición da lectura e a escritura non é obxectivo en infantil. ¿Qué quero dicir con isto? Pois que é un proceso longo e depende moito da madurez de cada neno/a polo que non todos chegan a ler ao mesmo tempo e non pasa absolutamente nada. É certo que moitos nenos/as rompen xa a ler e escribir en infantil porque actualmente teñen moita estimulación, a lectura está presente en todos os lados (carteis publicitarios, televisión, xogos de ordenador, móbiles, puzles, roupa, decoración e por suposto nos contos que todos teñen nas casas...) e iso fai que se familiaricen moi cedo coas letras, con palabras que ven repetidas frecuentemente etc. Moitos xogos e libros feitos para estas idades de 3-6 anos están xa pensados para estimular estas aprendizaxes así que non é raro que moitos nenos e nenas, porque a súa madurez llelo permite, rompan a ler en infantil.
2.- Non pasa absolutamente nada se non rompen a ler en infantil. As bases estarán sentadas e o proceso culminará en primaria con toda normalidade porque, insisto, a madurez de cada neno/a é esencial e non todos maduran ao mesmo tempo. Pensade que hai nenos/as que son moi hábiles motrizmente (por exemplo aprenden a andar en bicicleta ou a patinar moi pronto), outros son menos hábiles, uns son moi rápidos facendo cálculos (comprenden rápidamente a serie numérica, gústalles sumar e restar e xa calculan mentalmente) e outros necesitan tempo para ir contando os dedos e ver cantos teñen, uns debuxan con imaxinación e crean historias propias e outros reproducen debuxos máis estereotipados ou simples, uns falan cun vocabulario máis preciso e variado e outros teñen unha linguaxe menos complexa... E isto é así porque non todos temos as mesmas capacidades e habilidades, non temos a mesma madurez, nin as mesmas experiencias... E non pasa nada, somos diferentes e é moi difícil, por non dicir imposible claro, ser bo (e moito menos perfecto) en todo. Temos que tratar de animar aos nenos/as para que intenten facer as cousas por si mesmos, que se esforcen, pero non podemos pretender que todos sexan perfectos, que maduren exactamente ao mesmo tempo, que cheguen aos mesmos resultados ao mesmo tempo.
-Algúns nenos/as están xa rompendo a ler e escribir con autonomía. E mostran esas ganas de ler solos, e de feito están a facelo en moitos momentos.
- A maioría están afianzando a asociación de grafema e fonema, poden ler ou escribir palabras sinxelas (con sílabas directas) case con perfección, e parece que poden "romper" a ler en pouco tempo.
- Algúns están nun proceso máis inicial, no que empezan a asociar grafema con fonema (normalmente empezan identificando claramente o sonido das vogais e algunhas consoantes como a S, P, T, R, M...)
TODOS ESTES ESTADIOS DE APRENDIZAXE SON NORMAIS. Non podemos pretender que todos avancen igual, é moi importante a madurez de cada un, observade a madurez xeral do neno/a, a súa capacidade de atención, a súa autonomía, o seu control motriz xeral, o seu nivel de expresión oral... porque todo vai relacionado. Non podemos pretender que un neno faga unha letra ben, cun trazo axeitado, lexible, seguro si non traballou antes coas súas mans (por iso é importante modelar con plastilina, abotonarse, vestirse só, debuxar, rasgar papel, abrir un tupper, poñer o abrigo...)
E diredes, ¿a que ven todo isto que estou contando? Pois ben, algunhas familias preguntáronme si podería proporcionarlles algunhas tarefas para que os nenos/as as realicen na casa , porque lle demandan actividades e non saben ben qué propoñerlles. Eu non son nada partidaria de mandar fichas para casa, sobre todo porque me preocupa que mesturemos metodoloxías diferentes e ao final os nenos/as acaban máis confundidos e non é moi pedagóxico. Así que estiven seleccionando algunhas fichas similares a algunhas que facemos na aula, para que teñades un modelo de cousas que se poden facer e non andedes buscando ao mellor sen ter moi claro por onde tirar.
Se alguén da aula quere que llas mande para a casa, avisádeme polo correo electrónico ou por Abalar e fágovos as fotocopias. Coas fichas van unhas "instruccións", uns consellos ou indicacións por si vos sirven de axuda.
Insisto, eu non o considero necesario. Co traballo de aula debe chegar para que eles vaian avanzando con normalidade e, por suposto, non quero que ninguén lle diga aos nenos/as que son deberes do cole porque non quero que se force a ningún neno/a a facer fichas na casa. De feito vouvos propoñer outro tipo de actividades que si me gustaría que fixérades en familia e que van axudar a mellorar todo o proceso de aprendizaxe dos vosos fillos/as. As fichas (actividades impresas) son so unha pequena parte de todo o que facemos no cole.
1.- Lede xuntos. A lectura debe estar presente na casa con naturalidade e como un momento de pracer e non de obriga ou castigo. Si ledes xuntos e pasades un bo momento, os nenos/as interiorizan esa actividade como algo agradable que teñen ganasde facer e esa motivación mellora a aprendizaxe da lectura. Procurade ter contos con temáticas variadas e interesantes, cun vocabulario rico e variado, con ilustracións fermosas que esperten a curiosidade e desaten emocións...
Gracias por la entrada Teté, mucha información muy útil y gracias por las sugerencias
ResponderEliminarMaría Basadre
Empezaremos a hacer la lista de la compra...
ResponderEliminarPasito a pasito...
Gracias
Recordad porfa, con tranquilidad. Van avanzando todos muy bien, el curso pasado fue peculiar, y este curso estamos todos adaptándonos a situaciones nuevas, y por ahora los progresos son evidentes así que no hay que agobiarse. Yo sólo quiero responder a vuestras dudas o peticiones, no quiero poner deberes, vale? Me vais comentando o preguntando o solicitando lo que necesitéis y vamos viendo.
ResponderEliminar