Os pementeiros/as seguen aportando moita información sobre distintas persoas que adicaron a súa vida a loitar polo ben común, por mellorar as condicións de vida dunha comunidade, por axudar a facer deste mundo un lugar máis xusto. Leo estivo investigando sobre Rigoberta Menchú, unha muller de Guatemala, indíxena, que non tivo unha vida sinxela e que tratou de defender os dereitos do seu pobo, das mulleres e tamén se preocupou polo coidado e respecto á natureza.
Todos/as escoitaron con atención a presentación que fixo Leo sobre Rigoberta Menchú e, despois, como é habitual fixemos unha ficha recollendo algunha información básica sobre esta muller guatemalteca, que gañou un Premio Nobel da Paz.
Como vedes estamos coñecendo moitas personalidades Ubuntu, e os pementeiros e pementeiras están desenvolvendo moitas habilidades e capacidades: memorizan información, falan con soltura diante da cámara, asocian datos, fanse responsables e autónomos, gañan seguridade enn si mesmos... Estou moi contenta coas aportacións que están facendo e coa colaboración das familias, claro.
Gústame a idea de Leo de “loitar con palabras” Moi ben!
ResponderEliminarGenial!!Enhorabuena Leo.
ResponderEliminarQue bien que se vayan animando con las investigaciones.
a mi me encanta que aprendemos todos mucho sobre un montón de temas diferentes... son cosas mías o están saliendo más personajes ubuntu femeninos que masculinos?? (me parece genial)
ResponderEliminar