jueves, 10 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

    Hoy, 10 de diciembre, conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Como o noso proxecto UBUNTU deste curso escolar ten moito que ver con este tema, co feito de defender os dereitos que todos debemos ter, coa importancia de loitar por un mundo mellor para o conxunto da Humanidade sin facer distincións de raza, sexo, relixión, ou condición social, non podíamos deixar pasar este día sin falar un pouquiño da importancia de recoñecer e respectar os dereitos de todos. Tamén, por supostio, intentamos valorar a sorte que todos nós temos de vivir nun lugar onde eses dereitos fundamentais son respectados e aproveitamos para recordar  a mulleres e homes como Malala, Rosa Parks, Martin Luther King, Gandhi ou Rigoberta Menchú viviron situacións inxustas nas que os seus dereitos foron pisoteados e eles/as alzaron a súa voz en contra das inxustizas. Ou tamén como Wangari Maathai, Marie Curie ou Isabel Zendal traballaron para mellorar as condicións de vida e a saúde de moita xente.


   O 10 de decembro en París, fíxose efectiva a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


  E nós hoxe falamos dalgúns dos dereitos que todos temos e escribímolos nunha ficha. Non os podíamos escribir todos, claro, así que eliximos uns poucos para plasmalos en papel e así traballamos a lecto-escritura pero tamén a atención, concentración, a memoria e o coñecemento e valoración destes dereitos.
































       Antes de rematar, quero agradecer a todas as familias que estades enviando os vídeos de felicitación de Nadal. Teño xa de 11 nenos/as  da aula, hoxe estivémolos vendo no cole e disfrutaron moito a verdade. Así que se vos ides a enviar os que faltan sería estupendo facer unha montaxe na que estiveran os 20. Como sempre vos digo, non é obligatorio por suposto, gústanme as  cousas que se fan con gusto e ganas e non porque nos manden ou porque as fagan os outros, así que con toda liberdade, eu estarei encantada de recibir as gravacións e de facer a montaxe. GRAZAS.

    E outra cousa, algúns nenos/as trouxeron hoxe unha carta para os Reis Magos porque me viron facer un buzón e conteilles que o imos poñer  no corredor do cole para botar alí as cartas que lles escriban ás Súas Maxestades. Temos as cartas na aula porque aínda non colocamos o buzón pero en canto esté listo no seu lugar iremos botar as misivas. Así que os que queiran traelas, poden facelo sin problema. Tiña pensado avisarvos cando estivera xa todo organizado pero vexo que se adiantaron eles. Iso demostra que cando algo interesa, a atención e a memoria funcionan ao 100%.


1 comentario:

  1. Valentina también me dijo lo de la carta, no hay como tener interés ;)

    ya puedo ver todos los vídeos, por cierto; qué concentrados escribiendo los derechos humanos y que importante que lo vayan teniendo claro (sobre todo para saber qué hay quien no los disfruta)

    un saludiño, buen fin de semana

    un saludo

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...