sábado, 5 de diciembre de 2020

UNHA FELICITACIÓN DE NADAL

      


    Xa queda pouquiño para que chegue o Nadal. Os nenos e nenas están emocionados porque, obviamente, todo o que ten que ver cos Reis Magos e Papá Noel é emocionante e xa están esperando ansiosos a súa chegada.



     Desde o equipo de actividades extraescolares, fixemos a proposta de gravar un vídeo para felicitarlle as festas que se aproximan a toda a comunidade educativa. Sería un vídeo por aula. Eu propóñovos, por si vos apetece  e queredes facer algo nestes días que non hai cole, que gravedes unha felicitación sinxela na casa cos nenos/as (así teñen un pouquiño máis de protagonismo e poden facelo máis personal e con máis calma, os irmáns poden gravar xuntos si lles apetece ou quizá poden saír coa súamascota por exemplo), pode ser unha mensaxe simple tipo "felices festas e próspero aninovo", pode ser un cachiño dunha panxoliña ou unha rima de Nadal, pode ser só con imaxes (cartulinas escritas ou con debuxos), podedes gravar diante da árbore de Nadal, co gorro de Papá Noel ou os cornos de Rodolfo o reno.... pensade algo divertido, non moi longo e enviádesmo ao meu correo electrónico:  profetetedeinfantil@gmail.com

     Eu tratarei de facer unha montaxe con todas esas mensaxes e gravarei unha tamén na aula con todo o grupo para poñer de remate final. As felicitacións compartiranse na páxina web do centro.

    Xa que este Nadal vai ser un pouco diferente, probablemente un pouquiño máis triste para moita xente, tratemos de botarlle un pouco de imaxinación, de humor, de alegría para superar esta situación e pensemos que entre todos podemos facer posible un cambio para mellor.


   ¡Veña! ¡Animádevos, que xa me chegaron cinco vídeos, de Pablo Canabal, de Aroa e Moisés, de Pablo Olivera, de Erik Vázquez e de Erik Pérez, moi chulos! Estou esperando máis para facer unha montaxe con todo o grupo xunto, xa veredes que divertido vai ser.


2 comentarios:

  1. Ya nos contó Pablo ayer,teníamos que grabarlo cantando un villancico,estaba muy emocionado.
    Hoy por la tarde creo que vamos a tener concierto.
    Buen puente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiii,Es que ayer cuandose lo planteé, él ya me dijo que tenía un plan para grabar la felicitación, me alegro de que tenga ilusión porque, a fin de cuentas, es Navidad y tenemos que intentar darle un toque de alegría, de fiesta, de ánimo... Gracias por participar, de verdad, a mi también me hace ilusión verlos👏👏👏

      Eliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...