jueves, 3 de diciembre de 2020

DÚAS SESIÓNS DE IOGA

     Como había tantas cousas para subir ao blog, quedaran pendentes as últimas sesións de ioga por mostrarvos. Estivemos recordando posicións que xa coñecíamos e perfeccionándoas porque a verdade é que, pouco a pouco, estamos conseguindo esforzarnos un pouquiño máis, mellorar a colocación de cada parte do corpo, controlar un pouco máis o equilibrio...

















































    E non só nos esforzamos no cole, na casa tamén nos gusta practicar ioga coa familia, demostrar o que avanzamos, e afianzar as asanas máis complicadas, como Julia que fixo unha magnífica Ardhachandrasana, una posición realmente complicada. Parabéns, Julia! Como me gusta ver que moitas cousas que facemos no cole chegan ata vós, mamás e papás, e que as apreciades e lle dades aos peques esa oportunidade de ser protagonistas, valorades o seu esforzo e os animades a seguir avanzando. ¡É fantástico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...