miércoles, 27 de enero de 2021

O CUMPLE DE DAVID

         Hoxe tivemos un día bastante especial xa que celebramos o primeiro cumple do ano 2021. David cumple hoxe nada máis e nada menos que 6 anos. Está feito un mozo. Así que como ben sendo habitual, o protagonista do día coa súa coroa apagou a candea, escoitou a canción de "cumpleanos feliz" e recibiu dos compañeiros esa chuvia de palabras e frases bonitas que lle adicaron no círculo dos eloxios.

      Cando íamos comezar a celebración, dinme conta que non tiñamos unha candea co número 6,  e obviamente a que estabamos a utilizar do número 5 agora xa está anticuada completamente. Entón Pablo Olivera, propuso que fixéramos unha candea do número 6 con plastilina. ¡Boa idea!. A candea non a podo facer pero o número 6 sí, e despois so tiña que colocarlle outra candea normal e  corriente para poder prendela. Así que gracias a esa idea, ¡problema solucionado nun pispás!





   No círculo dos eloxios, os compañeiros/as dixéronlle a David cousas como:
  Me gusta como dibujas.
  Me gusta como haces yoga.
  Me gusta como te comportas.
  Eres mi mejor amigo.
  Me gusta como bailas.
  Me gusta como escribes.
















   David estaba moi contento, moi orgulloso, penso que un pouquiño nervioso tamén pero emocionado escoitando as cousas que lle dicíamos (dando as grazas a todos) e espero que siga cumplindo moitos anos con esta emoción de hoxe.


6 comentarios:

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...