Empezamos a celebrar o Día das Letras Galegas o pasado martes co concerto de Mamá Cabra na Fundación Camilo Xosé Cela. Pero a cousa non quedou aí, xa que o xoves e o venres achegámonos á figura de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado neste ano 2023. Estivemos vendo algunhas cousiñas da súa vida, por exemplo que lle gustaba moito ler e tiña unha estupenda biblioteca, que foi o impulsor da editorial galaxia e da Revista Grial, que escribeu numerosas obras, por suposto en galego, e que foi un personaxe relevante para a cultura galega.
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario