UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
viernes, 5 de mayo de 2023
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Esta semana estivemos coñecendo un pouquiño como foi a orixe do Camiño de Santiago. Sabedes que un dos equipos da aula é o Equipo peregrina e tocaba xa coñecer ese tipo de viaxes que se realizan básicamente camiñando para visitar un lugar relevante relacionado un pouco co mundo espiritual, co autocoñecemento, coa fe ou co descubrimento de tradicións seculares.
Vivindo onde vivimos o Camiño de Santiago hai que coñecelo e valoralo por suposto. Forma parte da nosa Historia, das nosas tradicións e da nosa cultura. Así que na Pementeira falamos un pouquiño da orixe desa peregrinación a Santiago, de como a imponente catedral compostelana empezou sendo unha pequena iglesia que se foi transformando co paso dos séculos e como, aínda hoxe, e cada día máis, seguen a chegar pelegríns desde calqueira lugar do mundo.
Como temos pantalla nova, estamos adaptando a rutina do panel diario a esta nova ferramenta coa que contamos. A verdade é que nos gusta este dispositivo tan novedoso pero temos que ir coñecendo pouco a pouco todas as súas posibilidades para sacarlle o maior partido posible. Polo de pronto, iso de poder escribir coas cores que nos apetezca, e sen cambiar de punteiro, e poder facer debuxos sen mancharnos de xiz e sen ter que facer apenas presión na superficie é xenial. Os últimos exploradores que tiveron a sorte xa de probar esta pantalla foron Sergio e Gael.
Seguimos recibindo algunhas cousiñas para o recuncho do proxecto. Gústame ver como os nenos e nenas veñen ilusionados cos seus libros, ou con fotos e historias das súas viaxes, e como tamén lles gusta levalos a casa para contarlles a mamá e papá as cousas que lles interesan. De feito, onte empezou a viaxar un novo libro de rimas viaxeiras (acompañado dun xogo de memoria) que nos permite acompañar aos pementeiros e pementeiras por diferentes lugares do mundo. Por suposto, ademáis de facer moitas cousas diferentes relacionadas coas viaxes ou con moitos outros contidos de áreas diferentes, na Pementeira sempre hai tempo para xogar, e a cociña e as construcións son os xogos favoritos.
E hoxe venres, os peques levaron de novo o Pasaporte Lector, cada un elixiu un libro para disfrutalo durante a fin de semana e facer unha ficha de rexistro moi sinxela. ¡Espero que disfrutedes coa lectura tanto dos contos da nosa biblioteca de aula como do libro de rimas elaborado por min! ¡Boa finde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario