miércoles, 10 de mayo de 2023

GÚSTANOS RECITAR POEMAS!

   Xa sabedes que aos pementeiros e pementeiras lles gusta moito recitar poemas e apréndenos con moita facilidade. Así desenvolven un gusto pola literatura, melloran a pronunciación, aprenden vocabulario, adquiren un mellor ritmo na linguaxe oral, achéganse ás características da linguaxe poética de xeito natural (a rima, as figuras literarias...) e disfrutan recitando, memorizando, empregando o corpo de xeito expresivo, traballando en equipo. 

Nesta ocasión realizamos unha sinxela montaxe en vídeo co poema "Una historia" de Manuel F. Juncos, que tamén nos sirve para aprender cómo medran as plantas, qué necesitan, cómo podemos coidalas etc. Así, ademais de traballar a linguaxe oral, traballamos moitos outros contidos de áreas diferentes como pode ser, neste caso, o coñecemento do contorno.

¡Esperamos que vos guste!


3 comentarios:

  1. Aiii, mañá cando vexamos con Carla esta publicación vaille encantar.
    Que ben recitades chicas e chicos, facedelo xenial, seguide así👏👏👏👏👏🥰🥰🥰

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se nos dá tempo de facer máis porque lles gustan moito as poesías... e a min tamén! E verse e escoitarse a sí mesmos, iso xa lles encanta!😂😂😍

      Eliminar
    2. Que chulada de poema y actividad!! Enhorabuena profe Teté y pementeir@s.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...