jueves, 2 de abril de 2020

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

     Seguro que xa vos fixástedes en que no lateral do blog hai un apartado adicado ás PERSONAXES DO DÍA. Asímesmo hai outro epígrafe chamado EFEMÉRIDES no que se reúnen todas esas personalidades que imos homenaxeando día tras día. Gústame celebrar os aniversarios daqueles homes e mulleres que fixeron cousas importantes para os demáis, sexa cal sexa o seu ámbito profesional.
   O 30 de marzo celebramos o aniversario do meu pintor favorito, o xenial Vincent van Gogh.
   O 31 de marzo tocoulle o turno ao egrexio compositor Johan Sebastian Bach.
    O 1 de abril foi a xornada adicada á nosa admirada e querida Wangari Maathai, gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2004 e da que falamos en moitas ocasións, por exemplo fai uns días nada máis cando adicamos unha das entradas deste blog á lenda do colibrí, recordades?

    E hoxe temos que falar dun escritor que todos coñecemos: HANS  CHRISTIAN ANDERSEN, que naceu en Dinamarca un 2 de abril de 1805 e foi autor de contos tan fermosos como "A sereíña", "O parruliño feo" ou "O soldadiño de chumbo".


    Como homenaxe a este escritor de contos de fadas que nos emocionaron e fixeron soñar desde pequenos, hoxe deberíamos ler unha das súas narracións. Elexide a que máis vos gusta. Aquí vos deixo un vídeo coa historia do parruliño feo, que aínda que todos/as a coñecemos moi ben sempre é agradable lela ou vela de novo, sobre todo por ese final tan optimista co que se nos transmite que todos podemos convertirnos en algo fermoso co tempo, que non temos que vivir acomplexados nin polo noso aspecto nin polas nosas capacidades ou habilidades, porque a medida que pasa o tempo, imos avanzando cara unha versión mellor de nós mesmos, sempre que o intentemos e nos esforcemos en progresar claro. Así que, xa sabedes, poñede a vosa vontade en medrar, en facer cousas, en mellorar as vosas capacidades porque todos podemos evolucionar.



El mundo entero es una sucesión de milagros, pero estamos tan acostumbrados a ellos que los llamamos cosas ordinarias”. HANS CHRISTIAN ANDERSEN.

2 comentarios:

  1. Non sei que conto elexir.... Gustanme todos🤩. Recordos de infancia..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min de pequena o que máis me gustaba era "Los zapatitos rojos", e mira tí por donde sigo namorada dos zapatos de cor vermella e do baile, jajaja! Todos temos recordos de infancia, pois agora éo momento de tratar de crear eses recordos nos máis pequenos da casa, lédelle moitos contos, cantade, bailade, falade e pintade e que cando medren recorden todo isto dun xeito positivo pensando nos bos momentos que as súas familias lles proporcionaron a pesar de todo o malo que pululaba arredor.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...