domingo, 9 de noviembre de 2025

RESUMO DA SEMANA

    Tras a celebración do magosto e o Samaín, regresamos ao cole e continuamos facendo moitas actividades. Foi unha semana ben curtiña, só tivemos tres días de cole pero nós sabemos aproveitalos.

   Seguimos traballando coas vocales. Estivemos coloreando a E na pantalla dixital e nunha actividade impresa. Tamén,de paso, os peques xa se van familiarizando co uso correcto da pantalla: como seleccionar a cor coa que imos pintar, como empregar o punteiro, como borrar ...














   Pouco a pouco imos traballando a asociación de fonema e grafema como primeiro paso para iniciar o proceso de aprendizaxe da lecto-escritura. 


























    Xogando aprendemos moitas cousas e hai tempo para todo. Ir  a aula de psico para xogar co "Dado das vocais" sempre apetece e, despois, hai que facer o desfile, a "Marcha das letras" que, por certo, temos que cantar todos os días para empezar ben a xornada.



                                   
                                   

 
                                       


                                       

                                       

                                       

                                        










































   Disfrutamos da biblioteca de aula. Encántame velos concentrados nas historias e, mesmo, contándoas en voz alta.











Continuamos coas nosas sesións de ioga dos venres. Este último venres non tivemos tempo de facer máis asanas e de manter a organización habitual xa que tivemos un simulacro de incendio por sorpresa e tivemos que deixar o que estábamos a facer para saír todos xuntos en orden ao patio cuberto. Aínda que escoitar a alarma de incendios nos meteu un pequeno susto, pronto organizamos a fila e saímos xunto co resto do alumnado do centro sin percances de ningún tipo. Xa falamos deste tema e explicamos que é só unha práctica que temos que facer para que, en caso de que se orixinara un incendio no cole, todos/as saibamos como actuar axeitadamente e ir a un lugar seguro mentres os bombeiros apagan o lume. Se todos facemos caso e saímos en orden coa profe non pasa nada. A práctica foi perfecta e despois volvemos á aula con tranquilidade.

                                        










No hay comentarios:

Publicar un comentario

RESUMO DA SEMANA

    Tras a celebración do magosto e o Samaín, regresamos ao cole e continuamos facendo moitas actividades. Foi unha semana ben curtiña, só t...