jueves, 20 de noviembre de 2025

GALOPÍN VIAXA POR PADRÓN

     Estamos iniciando unha nova rutina na aula "A Pementeira" que consiste en levar de viaxe a Galopín, cada día o noso cabaliño acompaña a unha nena ou neno da aula e vai a pasar unha noite na súa casa. Xa adianto que case todos/as o queren levar e sei que non lles gusta esperar pero a vida é así, só hai un cabaliño e moita demanda. Pero todos/as os que teñan ganas o van levar.

 


 
    Tamén quero compartir convosco as imaxes dos encargados/as que cada día teñen a labor de pasar lista e facer o panel. Ata o de agora só están facendo esa tarefa do panel os nenos/as que saen voluntariamente (algunhas fotos xa as publiquei en entradas anteriores) xa que aínda nos estamos familiarizando coa tarefa e imos deixando que se vaian desenvolvendo ao seu ritmo, pero dentro de pouco xa estableceremos un orden para que cada neno e cada nena asuma esta pequena responsabilidade que ten, despois, o privilexio de ir de primeiro/a na fila.







 
 





    E aproveito esta entrada para poñer unha bonita foto dun grupiño de antigas pementeiras que viñeron o venres a visitarme e pasaron un ratiño connosco na aula recordando vellos tempos. Encántame manter este contacto coas nenas e nenos que pasaron tanto tempo por aquí e que deixaron as súas pegadas nesta aula e nos espazos de infantil, son xa parte da miña vida e agasállanme constantemente co seu cariño. Grazas pola visita!!! A min fíxome ilusión e tamén aos novos habitantes da Pementeira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

GALOPÍN VIAXA POR PADRÓN

      Estamos iniciando unha nova rutina na aula "A Pementeira" que consiste en levar de viaxe a Galopín, cada día o noso cabaliño...