Como xa sabedes o noso proxecto anual BLABLALANDIA xira en torno á importancia da palabra na educación dos nenos e nenas. O valor da literatura oral, das recitacións que escoitamos e memorizamos desde pequenos de xeito lúdico, e dos contos que son canles de transmisión de valores, tradicións e cultura. Compartir cos máis pequenos momentos nos que xogamos coa linguaxe recitando poemas, facendo rimas divertidas, contando historias que os fan voar polo universo da imaxinación é algo profundamente valioso, non só porque aprenden vocabulario e estructuras morfosintácticas senón porque senten emocións, establecen conexións profundas con outras persoas, acceden a gran variedade de contidos de todo tipo, abren os ollos a realidades moi diferentes á súa e empezan a pensar, a reflexionar, a xerar ideas propias.
A narración dun conto é unha rutina de aula en infantil. Cada mañán lemos un conto e falamos un pouquiño sobre el. O pasado luns 17 de novembro en vez de escoitar o conto na nosa aula, tivemos a sorte de facer algo un pouquiño distinto. Todo o alumnado de infantil ocupou a aula de psico para recibir a dous narradores, a profe Salomé e Miguel (un profe de música doutro cole) acompañados dun acordeón. Ambos contaron e cantaron un simpático conto dun lobo larpeiro que quería cear algo máis cunha simple sopa de verduras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario