miércoles, 19 de noviembre de 2025

O ANIVERSARIO DE LUCÍA

    Onte celebramos o terceiro aniversario de Lucía. Chegou emocionada ao cole cuns biscoitos para compartir cos compañeiros e compañeiras da aula. Cumplir 3 anos é moi importante. Xa é un momentode moitos avances, moitas aprendizaxes e moitas experiencias que fan evolucionar a estes nenos e nenas. Así que, como a festa na Pementeira sempre é ben recibida, celebramos o cumple de Lucía con moitas ganas.

     A raíña do día apagou as candeas con decisión e enerxía e, despois de escoitar a canción que lle adicamos, fixo entrega dos cachiños de biscoito que os nenos e nenas comeron sen rechistar, por non dicir que devoraron case sen respirar.



 





















No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO 2026

     O remate do curso 2025-26 foi espectacular. Tivemos un festival cheo de ritmo, con moito público e moitas ganas de festa. Pero antes do...