miércoles, 5 de noviembre de 2025

PROXECTO BLABLALANDIA:A IMPORTANCIA DA PALABRA

  As palabras son instrumentos de comunicación. Sirven para cousas moi básicas: saudar, agradecer, pedir axuda, disculparse, darlle nome aos obxectos que empregamos cada día etc. pero tamén sirven para contar historias fermosas, para cantar e recitar poemas, para explicar as nosas emocións, para compartir as nosas vivencias cos amigos. As palabras son insustituibles na comunicación e na creatividade humana. Como sempre lle digo aos peques, os poemas, os contos, as cancións, os libros que recollen toda esa tradición son os nosos mellores amigos, con eles aprendemos, disfrutamos, viaxamos, sentimos e pensamos. Non esquezades que a linguaxe determina a maneira de ver o mundo, permítenos establecer vínculos sociais e transmitir unha cultura, permítenos comprender o que se nos explica (a ciencia, a historia...) e, polo tanto, avanzar, evolucionar. O filósofo británico L. Wittgenstein dixo: "Os límites da miña linguaxe son os límites da miña mente."

    Así pois, partindo deste premisa, o desenvolvemento da linguaxe oral é fundamental para que os nenos e nenas podan aprender moitas cousas, podan pensar e crear, podan expresarse con precisión e podan transmitir os seus propios pensamentos. E por iso o tema do noso proxecto anual vai estar centrado na importancia das palabras e da linguaxe oral. 

PROXECTO  BLABLALANDIA

    Vai estar estructurado en torno á poesía e aos contos como os medios máis lóxicos para conectar cos nenos e nenas e introducilos nun mundo de valores, tradicións, mitos, coñecementos de toda índole que os achegan á diversidade cultural, á memoria colectiva e á creatividade humana. A tradición oral é un medio de transmisión da cultura dunha comunidade de xeración en xeración. Mediante a palabra xeramos emocións e transmitimos diversidade de contidos. Asimesmo, mediante a potenciación da expresión oral e da inmersión nas historias, relatos, poemas transmitidos de xeito oral ao longo dos tempos, promoverase o achegamento á lectoescritura, a motivación por aprender a ler e escribir e o amor polas linguas, a interculturalidade e as tradicións.

Ø    A poesía será traballada partindo da poeta GLORIA FUERTES (a ela non lle gustaba a palabra poetisa: Cuando empezaba a escribir con 15 o 20 años, lo de poetisa me sonaba fatal. Una mujer que pinta es una pintora, yo quería ser poeta y lo he impuesto. Un cuadro si está bien pintado no se tiene que notar si lo ha hecho un hombre o una mujer igual que un buen poema. Yo no me quiero parecer a vosotros -los hombres- pero lo de poetisa me suena fatal.”



Ø     Os contos, e de xeito máis concreto, a narración oral, terá como figura salientable e puntode partida a BONIFACE OFOGO, griot/contador de contos camerunés que afirma: “a narración oral tende unha ponte entre os contemporáneos e a ancestralidade, e entre distintas culturas.” “Poucas cousas existen como o conto que sexan tan universais. Son arquetipos que evocan as emocións humanas fundamentais e os medos aos que se enfrenta permanentemente a humanidade: o descoñecido, o Absoluto, a trascendencia, o outro, etc.” “Enriquecendo o imaxinario das persoas podemos ampliar o seu horizonte vital e mellorar a súa percepción do mundo.” “Os contos actúan para axudar a construir mundos imaxinarios, fortalecer as nosas identidades e axudar a superar as adversidades da nosa vida cotián.” (Ofogo, Una vida de cuento, ed. Kalandraka, colección Puntos Cardinales, 2025)



 Imos colocar un recuncho, un "blablacuncho", na aula con aportacións dos nenos e nenas. Podedes enviar calqueira cousa que teña que ver co tema do proxecto. Como ideas podo suxerir:

  • contos ou poemas de Gloria Fuertes e Boni Ofogo ( e por extensión, poemas e contos fermosos doutros autores)
  • fotos ou debuxos dos autores que imos estudiar
  • murais que fagades na casa con información da súa vida, 
  • xogos (cartas, puzles etc.) con personaxes de contos
  • bonecos relacionados cos protagonistas dos poemas ou dos contos... 
    Non hai ningunha prisa, estamos aínda presentando o proxecto así que non vos apresuredes, se mirades o blog de vez en cando seguro que atopades ideas do que podedes enviar según o que empecemos a traballar. Despois, tamén é certo, a medida que van chegando cousiñas para o recuncho, eu irei preparando tarefas e actividades relacionadas con esas cousas que os peques traen para ir conectando cos seus intereses, que se sintan protagonistas e se motiven a aprender moitas cousas. A finalidade de organizar este recuncho é esa, MOTIVAR aos nenos e nenas, que sintan que o que aportan é interesante e que son eles/as os que importan.
      Agradecería que o que mandedes, que é totalmente voluntario por suposto, leve o nome do neno/a para poder devolver todo a final de curso. Cada ano quedan cousas na clase porque finalmente non somos quen de averiguar de quen eran, e é unha pena. Eu acórdome de moitas (saco moitas fotos), e  os cativos/as tamén se acordan de moitas pero sempre hai algo que queda "abandonado". Poñer un nome non leva tanto tempo e facilita moito o noso traballo.

   Por hoxe nada máis. Queda inaugurado o "PROXECTO BLABLALANDIA"  da man de dous personaxes que fixeron da palabra e da transmisión oralo sentido da súa vida, Gloria Fuertes e Boniface Ofogo.

        Espero que todos/as o disfrutedes a través dos ollos dos vosos fillos e fillas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROXECTO BLABLALANDIA:A IMPORTANCIA DA PALABRA

  As palabras son instrumentos de comunicación. Sirven para cousas moi básicas: saudar, agradecer, pedir axuda, disculparse, darlle nome aos...