Esta semana estamos facendo moitas cousas na Pementeira. Seguimos aprendendo moitas cousas, facemos actividades impresas, contamos contos, cantamos, e sempre que podemos tratmos de facer xogos con movemento porque este grupo é tremendamente enerxético e hai que buscar maneiras de canalizar toda esa enerxía.
Imos vendo algunhas cousiñas que fixemos estes días:
- Traballamos a identificación dos números 1, 2 e 3, a escoita comprensiva, a concentración e a interpretación de códigos. Parecen moitas cousas, pero a actividade impresa que fixemos conlevaba todas esas cuestións. E por iso, cando se ven os erros podemos analizar que foi o que fallou (¿escoitou e comprendeu a explicación?, ¿discrimina a grafía de cada número? ¿comprende o código de cores empregado e aplícao correctamente? ¿mantén a concentración durante toda a tarefa?).
- Estivemos aprendendo unha poesía de Gloria Fuertes que se titula "Mi cara redondita"
- Empezamos a practicar o trazo (a grafía) do número 1. Isto dá un pouquiño de traballo porque é importante respectar a direccionalidade e hai que practicar para conseguir que, despois, o trazo vaia saíndo de xeito automático e,polo tanto, con moito menos esforzo.
- Xogamos a construír os nomes con letras móbiles e así traballamos a identificación do nome propio, a identificación das diferentes letras que o forman, a orientación desas letras e a importancia do orden desas grafías para formar o nome. Tamén exercitamos a atención, a observación, a concentración e a paciencia.
- E hoxe fixemos un xogo requetedivertido que nos fixo rir e pasar un ratiño ben simpático. É un xogo motriz no que uns animaliños o que temos que facer e, a verdade, é que dan unhas órdenes ben curiosas, por exemplo: di o señor don Pato que aplaudan cos zapatos. E hai que escoitar ben (prestar atención, interpretar as indicacións que nos dan e seguir esas órdenes concretas). Qué ben o pasamos! Xa vos adianto que as fotos están todas movidas porque os pementeiros e pementeiras estábanse movendo (como é lóxico nun xogo motriz) e as fotos reflexan esa velocidade de movementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario