UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 27 de noviembre de 2025
DEBUXANDO CON MÚSICA E XOGO DE MOTRICIDADE
Aquí vos deixo dous vídeos dos pementeiros e pementeiras no cole. O primeiro reflexa un momento de calma na aula no que os peques están pintando e escoitando música con toda tranquilidade. Quería compartilo co sonido orixinal pero a miña cámara está un pouquiño vella xa e escoitase moi mal, non se distingue a música, é máis ben un ruído de fondo que probablemente se xerou por como eu levaba collida a cámara. Así que puxen unha melodía para eliminar ese ruído. Como veredes estaban todas e todos moi tranquilas/os, concentradas/os e expresando as súas ideas no debuxo.
Este segundo vídeo é moi divertido. Espero que as nenas e nenos da aula disfruten véndoo porque mostra un xogo motriz que ademais de traballar os movementos corporais globais tamén nos permite traballar a rima. Consiste en seguir as consignas que nos dan uns animaliños moi simpáticos. Non quixen facer ningún corte, nin montaxe de momentos diferentes, para que vexades unha sesión de psico moi lúdica que vai discurrindo con toda naturalidade. A min parecíame bonito que poidérades ver como actúan, como se expresan, como se moven... como a cámara estab fixa nun trípode, eles/as non están pendentes da cámara, están xogando con liberdade e disfrutando dese momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario